BAIXA O PARO EN CANGAS NO MES DE ABRIL EN 93 PERSOAS

Cangas suma tres meses consecutivos nos que baixa o paro rexistrado sumando un total de 237 parados menos. O bo comportamento do mercado laboral na vila tamén queda reflexado nas cifras interanuais, pasando de 3.030 parados no 2014 aos 2.729 rexistrados en 2015 o que supón una reducción de 301 desempregados. Por otra banda, comparando as cifras deste mes coas de o mesmo mes do 2011 tamén observamos unha reducción de 200 parados rexistrados no Servizo Galego de Emprego. Se ben as cifras son positivas, dende o Partido Popular de Cangas seguimos estando disconformes coas cifras de desemprego na nosa vila que continúan sendo inaceptables polo que somos moi conscientes de que aínda queda moito que facer.