PASTOR E NÚÑEZ FEIJÓO RESPALDAN A CANDIDATURA DE SOTELO Á REELECCIÓN

O actual rexedor local estivo arropado tamén polo presidente provincial do partido Rafael Louzán e polo conselleiro de Facenda o cangués Valeriano Martínez entre outras autoridades.

10983197_899062680149780_8383424817098865773_o

Este sábado, unha vez máis, o Auditorio Municipal de Cangas foi un escenario de excepción para un dos eventos máis importantes no eido político neste ano electoral: a presentación da candidatura do Partido Popular ás eleccións municipais encabezada por José Enrique Sotelo.

O flamante candidato estivo apadrinado por dous políticos de primeiro nivel, a secretaria executiva de Política Social Ana Pastor e polo presidente do Partido Popular de Galicia Alberto Núnez Feijóoo. Ambos dirixentes coincidiron en eloxiar a xestión de goberno de Sotelo e o seu equipo, que econtraron no 2011 un Concello na bancarrota, “non había administración pública á que Cangas non debera diñeiro” explicaba Pastor. Pola súa banda Núñez Feijóo destacou aos presentes a importancia de alcanzar unha contundente victoria o próximo 24 de maio para “non entregar a Cangas a sete, porque sete patróns xuntos botan o barco ás rochas” enfatizaba o presidente.

Sotelo explicou aos asistentes a súa xestión de goberno, fronte a un Concello que estaba con “respiración asistida”, tralo paso dos que agora “veñen de salvadores con programas bolivarianos”. O que precisa Cangas é un goberno que actúe con rigor e que sexa humilde” remató.

No evento tamén emitiuse un vídeo no que amosábase con imaxes o cambio vivido en Cangas dende o 2011 coa posta en marcha de diversas actuacións promovidas polo goberno do Partido Popular entre as que destacan a Piscina Municipal ‘A Balea’, o Paseo de Massó, a nova subestación eléctrica ou a renovación das rúas do casco vello entre outras.