SOTELO PRESENTA AS SÚAS PROPOSTAS AOS COMERCIANTES

la foto 1O candidato popular á Alcaldía de Cangas mantivo unha xuntanza con representantes de FECIMO (Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo) no que fixo balance do traballo feito e expuso algunhas das medidas recollidas no seu programa electoral.la foto 1

la foto 1 O mércores o líder popular e actual alcalde de Cangas José Enrique Sotelo mantivo unha xuntanza na sede de FECIMO con representantes dos comerciantes acompañado por Rafael Soliño, Dolores Hermelo e Pío Millán que ocupan os postos 2, 3 e 5 da candidatura do Partido Popular.

O actual rexedor da vila fixo balance do traballo feito polo actual equipo de goberno así como da evolución da economía canguesa nos últimos catro anos, valorando os últimos datos de desemprego coñecidos esta mesma semana. Sotelo sinalou o liderazgo que segue mantendo a pesca como motor económico da vila e a necesidade de diversificar o mercado laboral para soportar mellor futuras crises. O líder popular sinalou o avances alcanzados en puntos cruciais para o futuro desenvolvemento da economía cangesa como a modificación do PERI do polígono da Portela, o que supón abrir a porta ao establecemento de novas empresas neste emplazamento. Ademáis o líder popular adiantou aos presentes que estase traballando para o futuro desenvolvemento do polígono de Castiñeira na parte ubicada na parroquia canguesa de Aldán. En total serían ao redor de 400.000 m2 de solo industrial para o que se espera contar coa colaboración doutras institucións co obxectivo de atraer a máis empresas á vila. Destacou a necesidade de apoiar ao pequeno comercio como outro dos eixos fundamentais na política económica simplificando os tributos municipais, “moitos dos cales teñen unha incidencia muy baixa na recadación e supoñen un coste en tramitacións burocráticas absurdo” explicou. “O obxectivo para esta lexislatura debe ser lograr non superar os 1.500 parados” afirmou, unha meta ambiciosa se temos en conta que en Cangas hai na actualidade 2.700 desempregados.

Por outra banda Sotelo repasou cos comerciantes a xestións realizadas polo goberno local para dinamizar a zona vella, con máis de 2 millóns de euros investidos na humanización de rúas do casco vello, as melloras realizadas na Praza de Abastos ou o futuro establecemento da zona azul, “unha vella reinvidicación dos comerciantes” como recoñeceu o propio candidato popular.

Antes de finalizar os representantes dos comerciantes realizaron diversas preguntas sobre a situación actual de diferentes asuntos municipais para informar aos seus asociados  sobre os mesmos na próxima asamblea que terá lugar proximamente.