SOTELO ABOGA POR RELANZAR A PARTE CANGUESA DO POLÍGONO DE CASTIÑEIRAS

11147031_899062636816451_6832162393855568485_o

O candidato do Partido Popular de Cangas á reelección José Enrique Sotelo quere deixar claro que o emprego será a gran prioridade no seu programa de goberno para a próxima lexilatura. Neste sentido, o líder popular sempre destaca o traballo realizado polo actual goberno local para a modificación do PERI da Portela para permitir o establecemento de novas empresas e ampliación destas instalacións co obxectivo de dinamizar este espazo empresarial para xerar emprego. Se ben Sotelo recoñece o liderazgo que segue mantendo a pesca como motor económico da vila tamén sinala necesidade de diversificar o mercado laboral para soportar mellor futuras crises.

O líder popular adianta que unhas das súas metas para os próximos anos é o futuro desenvolvemento do polígono de Castiñeiras na parte ubicada na parroquia canguesa de Aldán. En total serían ao redor de 400.000 m2 de solo industrial para o que se espera contar coa colaboración da Zona Franca, “hai un acordo coa Zona Franca para que colabore no desenvolvemento deste solo industrial polo que o Concello está pendente de asinar en breve un convenio con este organismo para o desenvolvemento deste proxecto” explica Sotelo. Xa foron varias as empresas interesadas neste proxecto que está chamado a ser un dos piares nos que sustentar o obxectivo “realizable” segundo defenden os populares de non superar os 1.500 parados, unha meta ambiciosa se temos en conta que en Cangas hai na actualidade 2.700 desempregados.

A estas medidas sumase outras xa iniciadas esta lexislatura dirixidas a dinamizar a zona vella, con máis de 2 millóns de euros investidos na humanización de rúas do casco vello, as melloras realizadas na Praza de Abastos ou o futuro establecemento da zona azul, “unha vella reinvidicación dos comerciantes” como recoñeceu o propio candidato popular. “Sabemos que outras das claves para crear emprego é apostar polo pequeno comercio, aos que imos a continuar apoiando” recalca Sotelo, que estivo esta mesma semana reunido coa directiva da Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) para coñecer as súas demandas e necesidades.