SOTELO DEFENDE ADICAR O 10% DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS A PROMOCIÓN DO EMPREGO

1. José Enrique Sotelo Villar.

José Enrique Sotelo Villar.

O actual alcalde de Cangas e candidato popular á Alcaldía de Cangas José Enrique Sotelo continúa presentando as súas medidas para reducir o desemprego na vila. “Hoxe o paro é o principal problema da nosa vila e ten que ser unha prioridade para o goberno durante os próximos catro anos” afirma. “Estamos ben situados e ben comunicados. Somos líderes en sectores como o pesqueiro… Temos os cementos necesarios para xenerar emprego” recalca. Se onte Sotelo apostaba pola potenciación do Polígono da Portela e por contruir a parte canguesa do Polígono de Castiñeiras como fórmulas para promocionar o emprego, atraendo o establecemento de novas empresas na vila, o líder popular suma a estas medidas o reservar o 10% do orzameto municipal a políticas de promoción do emprego. “O obxectivo e que con estas partidas impulsar a contración de colectivos especialmente vulnerables como a xente nova” explica. Sotelo defende que isto é posible grazas ao traballo feito esta lexislatura no saneamento das contas municipais, “fai catro anos só podiamos adicar a investimentos 60.000 euros, nos últimos orzamentos foron máis dun millón de euros, e todo reducindo o remanente de tesourería en 16 millóns de euros” sinala. “Neste momentos a situación económica do Concello está encauzada e se continuamos sendo responsables coa política orzamentaria e absolutamente viable facer fronte a este compromiso” defende.

Dende o Partido Popular sinalan que pese a todo, durante este anos leváronse a cabo iniciativas en este sentido como a Aula do Emprendedor, o Viveiro de Empresas, aulas de formación, escolas taller ou os Plans Provinciais de Emprego e de Práctica Laboral levados a cabo pola Deputación de Pontevedra grazas aos cales centos de mozos e mozas de toda a provincia tiveron a oportunidade de disfrutar dunha primeira experiencia laboral en empresas e institucións públicas por un período de ata un ano. “Somos conscientes de que é a principal preocupación para o conxunto da sociedade” destaca Sotelo, “e por iso ocupa un espazo central no noso programa de goberno para os próximos catro anos” remata