RUEDA E RODRÍGUEZ RESPALDAN A SOTELO PARA A REELECCIÓN

Este martes o Partido Popular de Cangas celebrou como ven sendo tradicional o seu mitin central de campaña no Auditorio Municipal. No acto, o candidato popular José Enrique Sotelo estivo arropado polo secretario xeral do Partido Popular de Galicia Alfonso Rueda e polo conselleiro de Educación Román Rodríguez.

O encargado de abrir o acto foi Rafael Soliño, número 2 da candidatura, que resaltou o liderazgo de Sotelo e a súa profunda vocación de traballar polos veciños e veciñas de Cangas. O actual edil de Urbanismo destacou o traballo feito ao longo destes últimos catro anos destacando o investimento na rehabilitación do casco vello con máis de dous millóns de euros investidos, a mellora de camiños ou a posta en marcha da Piscina Municipal ‘A Balea’ como algúns dos grandes logros fronte os anos de “desgoberno” do tripartito co o único programa de desbancar ao Partido Popular do goberno local.

Despois foi a quenda do conselleiro de Educación Román Rodríguez que eloxiou a labor realizada polo actual rexedor de Cangas e de todo o seu equipo ao frente do goberno local así como animou á movilización cara as próximas eleccións municipais. Foi o seu compañeiro no goberno galego e secretario xeral do PP de Galicia Alfonso Rueda. O político pontevedrés recalcou que nestas elección pese que se presentan oito partidos “só hai dúas opcións, un goberno fiable e previsible do PP ou a alianza do resto das formacións políticas co único programa de botar ao PP do goberno” declarou, “e despois ¿qué?” preguntou ao auditorio.

O candidato popular pechou o acto recalcando as dificultades no camiño durante estes catro anos, con 17 millóns de euros de remanente negativo. Momentos nos que perigaron ata as nominas dos traballadores municipais. “Grazas a que tomamos medidas pasamos duns orzamentos de 60.000 euros na partida de inversións a superar o millón de euros no presente exercicio” declarou. “26 millóns de euros investidos en Cangas ao longo de toda a lexislatura” anunciou.

“Agora é momento de volver a asumir compromisos” dixo, “durante a próxima lexislatura o emprego será a nosa prioridade, adicando polo menos o 10% dos orzamentos municipais a este capítulo” engadiu, “imos a apostar polo desenvolvemento do PERI da Portela e pola construcción de 400.00 m2 de solo industrial na parte canguesa do polígono de Castiñeiras” rematou. Sotelo tamén se comprometeu a potenciar as infraestructuras da vila co desdobramento do Corredor e a mellora das condicións das vías secundarias e de acceso ás praias entre outras propostas recollidas no seu programa electoral.

Na súa intervención tamén houbo espazo para a autocrítica, “seguro que cometemos errores, pero ninguén pode negar que hoxe Cangas está mellor que fai catro anos” afrimou, rematando pedindo o voto para un candidato “fiable e previsible”.