SOTELO COMPROMÉTESE A URBANIZAR A SEGUNDA FASE DA EP-1005 ATA VILANOVA

O candidato popular recordou que a primeira fase xa está compretida mediante un convenio coa Deputación de Pontevedra. O proceso de licitación se resolverá nun mes.

O líder do Parido Popular e candidato a reelección Pepe Sotelo destacou o compromiso do seu programa de goberno con esta zona comprometéndose a que na próxima lexislatura se executará a segunda fase da urbanización da EP-1005 dende o Igrexario ata Vilanova. Tamén destacou a construcción da variante dende O Viñal ata O Doade como outra das actuacións prioritarias para os próximos catro anos xunto coa eliminación da depuradora de Donón colocando un bombeo que conecte coa rede e o soterramento dos cables no entorno do Cruceiro de Hío, un dos espazos máis emblemáticos da zona.

O líder popular tamén sinalou o traballo feito na parroquia estes catro anos, “xa temos comprometivo a urbanización da EP-1005 dende O Viso ata o Igrexario, seguen os traballos na Casa do Médico, que van con retrasos debido a cambios no proxecto inicial e previsión de futuras funcións destas instalacións” explicou, mencionando tamén a inauguración da Casa da Garita como centro veciñal en Nerga, as actuación na avda. David Cal, a posta en valor do Facho e da senda a Cabo Home.

Pola súa banda Millán, natural da parroquia, serviu de telonero do seu xefe de filas e foi o encargado de intervir en primer lugar en ambos actos. Nas súas intervencións, o actual edil de Facenda, destacou o liderazgo de Sotelo “tirando do equipo nos momentos díficiles”, así como a súa independencia, “nunca tivo dúbidas, cando fixo falta saírse da liña oficial do partido para defender os intereses dos veciños de Cangas o fixo” proclamou. Millán explicou con detalle a situación na que encontraron o Concello en 2011, “non con 17 millóns de débedas, senón que de impagos” afrimou, e que “grazas a poñer orde nas contas foi posible pasar de 60.000 euros a máis dun millón de inversións neste exarcicio, cos cales entre outras actuacións estamos acondicionando o lavadoiro de Fontiña, uns traballos moi demandados polo veciños” rematou.