SOTELO APOSTA POR POTENCIAR O MERCADO E O PEQUENO COMERCIO

O candidato popular visitou o mercado e falou coas praceiras que están desenvolvendo unha campaña  promovida pola Xunta de Galicia de dinamización das prazas de abastos “Quere teu mercado”. 

O líder do Parido Popular e candidato a reelección J. E. Sotelo visitou este venres a Praza de Abastos de Cangas coincidindo co mercado. Para os populares é fundamental traballar durante a próxima lexislatura na potenciación do comercio de proximidade, “un dos piares de creación de emprego estable na nosa vila” sinalan, para iso propoñen poñer en marcha a zona azul na que se estivo traballando nos últimos anos “para obrigar a que exista rotación na ocupación das prazas nos aparcadoiros no entorno da praza, facilitando o acceso aos clientes” explican. “É unha antiga demanda dos comerciantes que imos a satisfacer este mesmo ano” anuncian. Sotelo destaca que no seu programa van varias medidas a encamiñadas a mellorar o tráfico e as prazas de aparcamento no centro, “imos a poñer en marcha un Plan de Tráfico Municipal co cal canalizar de forma eficaz o tráfico no casco urbano” declara, “e tamén recollemos a promoción da construcción dun novo aparcadoiro soterrado e a peonalización do casco histórico” engade, coas cales pretenden dinamizar os espazos comerciais do centro.

Por outra banda, Sotelo destaca os investimentos realizados esta lexislatura na Praza de Abastos, espazo comercial de referencia na vila, con traballos de mellora do tellado procedendo a súa limpeza, colocación dun falso teito para evitar desprendimentos de partículas, sustitución de elementos de carpintería exterior, melloras no sólo e a colocación de portas automáticas entre outras medidas. “Agora estamos traballando na instalación doutros negocios na segunda planta que sirvan para diversificar a venda de productos e servizos que sirva tamén para atraer a máis xente” recalca.

De xeito paralelo á visita do candidato ao mercado os populares instalaron no entorno do espazo comercial un stand para informar aos veciños do seu programa e do traballo feito ao longo destes catro anos de goberno. Ao longo da mañá foron varios os membros da candidatura e actuais concelleiros de gobernos os que estiveron presentes, falando cos veciños, explicando as actuacións levadas a cabo ata agora e os proxectos propostos para a próxima lexislatura.