SOTELO COMPROMÉTESE A DESENVOLVER O TRANSPORTE MARÍTIMO ÁS PRAIAS NA PRÓXIMA LEXISLATURA

O candidato á alcaldía insiste que estes anos traballouse nesta liña como alternativa ao Corredor e aos problemas producido polo estacionamento de vehículos nos areais.

O líder do Parido Popular de Cangas J. E. Sotelo, que pugna nestas elección pola reelección como rexedor da vila quere sacar adiante o pDSC_0334roxecto de desenvolver un ruta de transporte marítimo entre a cidade de Vigo e as praias de Rodeira, Santa Marta e Nerga para as épocas estivais, que se sume ás existentes que comunican Cangas coa cidade olívica así como ás Illas Cíes. “O obxectivo é claro: constituir unha alternativa ao Corredor para acceder as nosas praias” destaca. “Pensamos que é unha fórmula que permitiría reducir o volume de tráfico e incluso podería constituir un novo atractivo turístico máis para a nosa vila, tendo unha repecusión positiva na nosa economía” argumenta o candidato popular.

Para o desenvolvemento deste proxecto o actual goberno xa tivo diversos contactos con Costas así como coas navieiras que operan na zona. “Faría falta preparar o espigón de Rodeira, deteriorado pola falta de uso dende fai anos así como a instalación de pantaláns en Santa Marta e Nerga durante os meses que esté operativo este servizo” recalca, “xa temos parte do traballo feito ao longo destes catro anos polo que sería posible poñer en marcha este servizo na próxima lexislatura” remata.

Día das Letras Galegas

O Partido Popular de Cangas sumouse este 17 de maio aos actos de celebración polo Día das Letras Galegas, adicado este ano ao escritor e intelectual pontevedrés Xosé Filgueira Valverde. A formación optou por colgar nas árbores do centro da vila, fragmentos de poemas e pezas dalgunhas das obras de Filgueira Valverde co obxectivo de dar a coñecer a obra do académico galego entre os veciños e veciñas de Cangas