SOTELO APELA AO VOTO ÚTIL PARA ALCANZAR A MAIORÍA NECESARIA PARA GOBERNAR

O candidato popular dixo nun Centro Social de Coiro cheo ata a bandeira que “os pactos de goberno duran unha tarde, o que tardan en chegar ao goberno” espetou.

O líder do Parido Popular e candidato a reelección J. E. Sotelo estivo este luns no Centro Social da parroquia de Coiro para levar aos veciños desta zona de Cangas o seu balance de goberno e o seu programa para os próximos catro anos. Sotelo sinalou o compromiso do Partido Popular con esta parroquia como exemplifica os inicios dos traballos para urbanizción da estrada que une a avda. de Lugo coa Boubeta, dando resposta a unhas das demandas históricas dos residentes nesta zona do municipio.

Por outra banda sinalou que nestas eleccións, “aínda que nos presentamos 8 forzas políticas o único certo é que hai só dúas opcións: ou seguir co traballo feito ao longo destes catro anos o volver a gobernos tripartitos, sustentados por pactos dunha tarde que duran o tempo que tardan en chegar o goberno” explicou. “Hoxe, máis aló das idioloxías, ninguén pode negar que a Cangas de hoxe está mellor que a Cangas do 2011” enfatizou. “Temos proxecto, temos equipo e agora, o que precisamos e a vosa confianza, o voso voto para alcanzar a maioría suficiente que permita dotar a nosa vila dun goberno estable, riguroso e previsible” declarou.

No medio do acto emitiuse o vídeo de campaña no que se amosa en imaxes as consecuencias da paralise do goberno anterior e os traballos e actuacións emprendidas ao longo destes catro anos polo goberno do PP.