SOTELO APELA Á FORZA DA MAIORÍA NO PECHE DE CAMPAÑA EN ALDÁN

Os populares celebraron 22 actos e máis dunha docea de reunións sectoriais con diferentes colectivos. “Percorrimos todo o concello, explicando o noso traballo de goberno e as nosas propostas para os próximos catro anos”, sinalan.

O emprego e as infraestruturas son os eixos centrais do seu programa de goberno para a próxima lexislatura. “A nosa meta: baixar ata os 1.500 desempregados e non subir desta cifra”.

O líder do Parido Popular de Cangas J. E. Sotelo clausurou a campaña, como xa ven sendo tradición, na Casa do Mar de Aldán. No acto Sotelo fixo balance do traballo feito ao longo destes catros anos de goberno e da labor realizada estes quince días de campaña por parte de militantes e simpatizantes, tratando de levar as propostas populares “ata o último recuncho do noso concello”. “Pechamos esta lexislatura cun Concello mellor do que nos encontramos no ano 2011” aseverou. No acto, o candidato resaltou que ao longo destas dúas semanas participou en 22 actos nas cinco parroquias do municipio e mantivo 15 reunións sectoriais con diferentes colectivos, “con dous obxectivos claros, escoitar as inquedanzas dos veciños e veciñas e trasladar as nosas propostas para os próximos catro anos” explicou.

O popular tamén destacou algúns dos seus compromisos coa parroquia de Aldán como a adquisición por parte do Concello da finca coñecida como “ O Bosque Encantado de Aldán”, “actualmente en mans dun banco para dar continuidade ao paseo dos muíños” explica. A esta iniciativa suma un plan de camiños para a parroquia e melloras para o CEIP Espiñeira, “o centro escolar público máis antigo do municipio” argumenta. Por outra banda resaltou que xa están en marcha os traballos para a senda costeira Aldán- Vilariño, que estará lista antes de verán.

Emprego e Infraestructuras

Sotelo reiterou que a súa gran prioridade para os próximos catro anos será o emprego, “é a principal preocupación para a veciñanza” declarou. Por iso os populares apostan por adicar como mínimo o 10% dos orzamentos municipais a iniciativas de promoción de emprego así como polo desenvolvemento do polígono de Castiñeiras, “para o que en breve teremos un estudio de viabilidade” resaltan, o que suporía a construcción de 400.000 metros cadrados de solo industrial no que estarían interesados polo menos cinco empresas. A estas iniciativas hai que sumar a modificación do PERI da Portela, realizado nesta lexislatura que termina e que permitirá un maior desenvolvemento deste espazo empresarial e o apoio a “proxectos e iniciativas emprendedoras” apuntan.

Por outro lado, outro dos eixos fundamentais do programa do PP o ocupa as infraestructuras, “Cangas precisa de mellores infraestructuras para poder crecer de xeito sostible” destaca Sotelo. Por iso propoñen actuacións como a construcción da primeira fase da variante de Cangas que una a avda. de Marín coa PO-551 pasando pola Cidade Deportiva de Verín, “ofrecendo unha alternativa a cruzar o casco urbano e mellorando a comunicación das instalacións deportivas municipais” sinalan. Tamén abogan por desenvolver a variante O Viñal- O Doade que alivie o tráfico nos accesos á parroquia de Hío e construir a primeira fase da urbanización da estrada provincial que une O Viso- Igrexario, “xa temos asinado o convenio coa Deputación, cun investimento superior ao millón de euros” explica o candidato á reelección, “e conseguir rematar a segunda fase, dende Igrexario ata Vilanova, antes de finalizar o mandato” engade. Por último descatan a mellora dos accesos á vila, “temos o firme compromiso de urbanizar as estradas de entrada, tanto pola avenida de Vigo como pola avenida de Ourense para posteriormente solicitar a Xunta que transfira a súa titularidade ao Concello” afirma Sotelo.

Infraestructura sanitaria

Os populares tamén apostan por mellorar os medios sanitarios cos que conta o municipio na actualidade, “queremos conseguir que todos os cidadáns reciban a mesma atención sanitaria” declaran, por iso amosan o seu compromiso de poñer en marcho o hospital de día para o Morrazo, “ou mal chamado Centro de Alta Resolución” segundo explican, “para o que imos a poñer a disposición da Consellería de Sanidade terreos en tres puntos diferentes para a súa elección” rematan.