MOI AVANZADAS AS OBRAS NA RÚA NORIA

As obras obras de urbanización na rúa Noria impulsadas polo executivo local encóntranse   nun estado moi avanzado, estando xa en funcionamento a nova iluminación dende o día de onte. A actuación, que conta cun investimento de 146.000 euros, súmase a outras que se están realizando en varios puntos da vila, consistindo os traballos en diversas melloras entre as que destaca a ampliación das beirarrúas, mellorando a súa accesibilidade e homoxenizando o aspecto desta rúa céntrica con outras do mesmo entorno dando continuidade a urbanización.