A PRÓXIMA SEMANA COMEZAN AS OBRAS NA BAIXADA DE ESPIÑEIRA

 As obras están financiadas nun 80% por Vicepresidencia a través dos fondos FEADER, supoñendo en total un investimento de 50.000 euros. 

A semana próxima comezarán as obras de acondicionamento da baixada a Espiñeira ao Porto de Aldán. Os traballos consistirá na pavimentación en pedra das escaleiras “descansadas” pola marce esquerda, que conta cunha pendente media do 20%. Tamén procederase a instalar un pasamáns de acer inoxidable mellorando a súa accesibilidade e seguridade. Por outra abanda tamén se pavimentará a parte de tránsito de vehículos con hormigón impreso. Os traballos contan con financiamento dos fondos europeos FEDEADER a través da Vicepresidencia da xunta de Galicia por un importe de 41.322 euros, supoñendo o 80% dos fondos, aportando o Concello a cantidade restante ata alcanzar os 50.000 euros de investimento para esta actuación.