CONTINÚAN AS OBRAS DE CONTRUCCIÓN DAS NOVAS GRADAS NO CAMPO DO MORRAZO

 Esta actuación conta cun investimento de 661.000 euros.

Estes días están continuando os traballos no Campo do Morrazo previos a demolición e contrucción das novas gradas. Ao longo da mañá varios operarios estiveron retirando a cuberta do actual edificio onde tamén están localizados os vestiarios e as dependencias socias do Alondras F.C. e estivose adaptando a zona para ubicar os vestiarios.

Os traballos, financiados con fondos provinciais, inclúen a demolición completa das bancadas, que presentan numerosas deficiencias, e a construcción doutras novas. Tamén procederase ao derribo dos vestiarios  de las dependencias sociais situadas baixo as gradas para construir no seu lugar seis novos vestiarios, cuarto de lavandería, ximnasio, dous baños -un dos cales estará adaptado a persoas con reducida mobilidade-, oficinas e despacho de billetes.

O obxectivo desta actuación é poñer fin as deficiencias que presentan as instalacións actuais, moi utilizadas tanto por deportistas como por afeccionados, incrementando o seu aforo e as condicións do complexo para os propios deportistas.