PAZOS COMEZA A LEXISLATURA ENGANANDO AOS CANGUESES

O pasado 29 de maio, o xa alcalde de Cangas, afirmou na prensa que “o gasto do novo goberno terá que ser igual ou inferior ao goberno do PP”. Pouco tardou en desdecirse.

Pese a que levamos pouco de lexislatura o novo tripartito da esquerda xa comeza a caer nas primeiras mentiras. O pasado 29 de maio Xose Manuel Pazos, nese momento candidato á alcaldía de Cangas por ACE-SON, xa falaba sobre o futuro goberno local resultado dun pacto das formacións de esquerdas co único obxectivo de desprazar ao PP do goberno. Na entrevista, publicada no Faro de Vigo (http://www.farodevigo.es/…/xose-manuel-pazos-…/1249544.html… para quen quera consultala) o aspirante á alcaldía marcaba como liña vermella que o futuro goberno tivera un gasto igual ou inferior ao do PP. Aínda que as negociacións entre as diferentes formacións non tiñan comenzado todos, salvo polo visto o señor Pazos, sabían que as dedicacións exclusivas dos novos concelleiros ía a xogar un papel clave.

O pasado 16 de xuño fíxose público o que era un segredo a voces, “o novo goberno local terá unha dedicación exclusiva por grupo máis a do alcalde” ( http://www.farodevigo.es/…/nuevo-ejecutivo-te…/1260556.html… por si alguén quere consultala tamén). Queda patente a mentira xa que, tendo en conta que o goberno saínte só tiña tres soldos vinculados ao goberno e que por tanto, tres é menos que catro, o que era unha liña vermella mudou en difusa. Isto, que parece obvio non o é para os membros do tripartito que volveron a exemplificar a política dos sillóns e dos intereses persoais sobre o interese xeral dos veciños e veciñas de Cangas que sofrirán un goberno máis caro, xa veremos se máis eficiente, que o anterior. A primeira mentira das tantas que irán saíndo ao longo da lexislatura.