O PP DEMOSTRA QUE O TRIPARTITO VAI A CUSTAR MÁIS QUE O ANTERIOR GOBERNO

No primeiro pleno da lexislatura o concelleiro popular Pío Millán demostrou con documentos que o goberno de Pazos custa máis que o anterior do PP, incumplindo o seu compromiso de non superar o gasto do anterior goberno.

A hemeroteca volve a xogar unha mala pasada ao novo alcalde de Cangas Xosé Manuel Pazos. Se fai uns días esa contradicción quedaba patente nos medios de comunicación o concelleiro do grupo popular Pío Millán demostrou no pasado pleno que as contradiccións están rexistradas tamén no propio diario de sesións do pleno municipal. Millán lembrou, cunha copia da acta na man, que na sesión plenaria do 28 de puño do 2011 na que se aprobou a proposta da Alcaldía sobre asignacións económicas o gasto marcado para a dedicación exclusiva do alcalde así como para as dúas parciais a dúas concelleiras e outra total a un cargo de confianza era inferior ao proposto polo novo goberno. Segundo as cifras, os cangueses pagarán 1.370,98 euros máis ao mes aos membros do goberno tripartito, collendo as cifras do inicio de lexislatura, incrementándose ata o 41% máis ao mes se collemos de referencia o gasto realizado ao longo da segunda metade de lexislatura cando se eliminou unha das dedicacións parciais. Se ben o Partido Popular non cuestiona as cuantías sí quere poñer en evidencia que o señor Pazos incumpliu a súa autoimposta liña vermella respecto aos salarios no goberno, algo evidente ata para o propio goberno que iso sí o cifra en apenas 100 euros ao mes facendo verdadeiros xogos de encaixe coas cifras.

Por outra banda Millán demostrou, tamén con papeis a hipocresía de Pazos con respecto a proposta de Alcaldía respecto a delegación de competencias plenarias na Xunta de Goberno Local. O edil popular coincidiu que o documento presentado por Pazos era case idéntico ao presentado fai catro anos polo PP. O sorprendente e que fai catro anos Abalo e Pazos criticaron dito documento afirmando cousas como “ACE entende que hai que avanzar na democracia  participativa (…) non se deben repetir erros pasados (…). Considera que non se deben sacar competencias ao pleno, como se fixo hai catro anos”. Algunhas formacións parecen ter importantes problemas para ser coherentes coa súa acción política.