O TRIPARTITO RENUNCIA A TRES BANDEIRAS AZUIS

O novo goberno local amósase incapaz de manter os 10 galardóns alcanzados polo anterior goberno do PP renunciando a que ondée nos areais de Areacova, Francón e Arneles.

Pouco duraron as 10 bandeiras azuis recollidas o pasado 8 de xuño en Ribeira de mans do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo. O novo goberno tripartito, ante a súa incapacidade de xestión, decidiu renunciar a tres das 10 bandeiras alcanzadas e que xa ondearon no litoral cangués o pasado verán. Os areais de Areacova, Francón e Arneles no gozarán deste prestixioso recoñecemento internacional á calidade das augas e dos servizos debido a que o equipo encabezado polo alcalde Xosé Manuel Pazos é incapaz de dotar a estas praias de baños químicos. Por outra banda, a actual concelleira de Praias Tania Castro demostrou un completo descoñecemento da súa área afirmando na prensa que trátase “dun galardón máis”, “que non aporta ningún beneficio ao concello”, que a maioría dos turistas descoñecen de que se trata a bandeira azul ademais de cifrar os areais municipais en 33 cando son 38. Sen embargo, estamos ante un galardón outorgado por un xurado internacional e que ten o aval dunha organización, aFoundation for Environmental Education (FEE), que agrupa a 74 ONG´s e que está presente en 64 países de todo o mundo. Só hai que ver a cobertura que ten a súa concesión por parte dos medios de comunicación para ser consciente da súa relevancia no ámbito da promoción turística. Que Castro non sepa moito sobre as banderas azuis non significa que os turistas non a coñezan. Lamentable forma de estrearse no seu cargo a de Tania Castro, rompendo a tendencia vivida ao longo da pasada lexislatura na que se logrou incrementar o número de banderas azuis concedidas ata chegar as 10 insignias, sendo Cangas un dos municipios con maior número de galardóns tanto a nivel galego como nacional.