O PP DEFENDE A VIABILIDADE DA PISCINA MUNICIPAL

O grupo popular defende a necessidade sacar a concurso a xestión desta infraestructura fronte a incapacidade do goberno tripartito de mantela en funcionamento, optando polo seu peche no vindeiro mes de agosto.

O Partido Popular amósase crítico coa xestión do actual goberno de coalición de Cangas. “Levan tres semanas xestionando o Concello e o único do que poden presumir é de ser un gobierno que pasará a historia por competente. Primero foron as bandeiras azuis, o contrato do ciclo da auga, e agora toca a piscina. Demostran unha total incongruencia no que din. Por un lado quéixanse deste dos meses de funcionamento da piscina e por outro pretendendo levar a cabo un contrato por un ano” sinala o edil popular Pío Millán. O PP non entende que o goberno local peche esta instalación por una suposta inviabilidade da mesma xa que existe un estudo de viabilidade realizado por unha asistencia técnica para a redacción do prego de concesión de tres anos, no que se confirma que a piscina cuberta de Cangas é viable. O grupo municipal del PP xa anticipa que solicitará no próximo pleno o inicio da tramitación de unha concesión tal e como estaba previsto inicialmente.

Para os populares o que se está demostrando con estas decisións son as fisuras no goberno xa que algúns grupos apostan pola concesión e outros queren que se municipalice. “A piscina ten que pechase no mes de agosto durante 15 días para mantenemento e limpeza de filtros, pero no mes de setembro debe de estar novamente en funcionamento cos cursos que no seu día demandaron os usuarios, a través dunha enquisa” rematan.