O PP DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DAS PRAIAS DE CANGAS

A nosa formación sinala a incapacidade de xestión da edil de Medio Ambiente e Praias Tania Castro (ACE) que non logrou manter as bandeiras azuis de Areneles, Francón e Areacova retirando servizo de socorrismo nestes areais ao que hai que sumar a deficiente limpeza e acumulación de lixo nos contenedores.

O edil popular Jesús Graña volveu a denunciar a lamentable xestión do goberno tripartito das praias de Cangas. Graña sinalou que despois de que o anterior goberno do PP logrou aforrar 6.000 euros ás arcas municipais no balizamento dos areais e incrementar a subvención para a contratación de socorristas por parte da Xunta de Galicia (que pasou de 6 no ano 2014 a 20 no presente 2015) o actual executivo foi incapaz de poñer en marcha o servizo de salvamento, sen estar aínda operativas as tres embarcacións para controlar todo o litoral do municipio como quedou patente o pasado mércores cando un veciño de Bueu quedou a deriva no seu barco mentres hiperventilaba fronte a praia de Lagoelas, que finalmente tivo que ser auxiliado polos socorristas do concello limítrofe de Bueu.

A todo isto hai que sumar a deficiente limpeza dos areais, con acumulación de lixo nos contenedores, quedando aínda restos das fogueiras de San Xoán e incluso producíndose un verquido na praia de Menduíña sen obter ningunha reacción por parte do departamento que dirixe Tania Castro, rexistrándose un elevado número de bacteria écoli no último control, polo que sería non apta para  baño.