SOTELO ELIXIDO DEPUTADO PROVINCIAL POLO PARTIDO XUDICIAL DE PONTEVEDRA

Sotelo volverá a representar ao Morrazo na Deputación de Pontevedra durante os próximos dous anos. O presidente do Partido Popular de Cangas conta cunha ampla experiencia nesta institución da que foi vicepresidente e responsable da área de Deportes.

O Partido Popular da pronvincia de Pontevedra anunciou a semana pasada a designación de José Enrique Sotelo, presidente e voceiro do Partido Popular de Cangas, como deputado provincial para os próximos catro anos polo Partido Xudicial de Pontevedra. Deste xeito garantízase que a Comarca do Morrazo teña un representante na institución provincial na que Sotelo ten unha ampla experiencia, dirixindo a área de Deportes poñendo en marcha programas como Escolas Deportivas Provinciais chegando a vicepresidencia do organismo. Transcurrido o período de dous anos Sotelo cederá o escaño ao presidente do Partido Popular de Moaña, mantendo o Morrazo a súa representación na Deputación de Pontevedra.

. Veciño de Aldán.