O TRIPARTITO EQUIPA A POLICÍA LOCAL CUN XSARA COMPARTIDO CON PROTECCIÓN CIVIL E CON 20 ANOS

Novo vehículo reciclado da Policía Local.

Novo vehículo reciclado da Policía Local.

 

Novo caso de incapacidade de xestión do goberno tripartito de Cangas. O novo vehículo da Polícia Local está avariado e o Megane tamén xa que, polo elevado coste da reparación o Concello non pensa en reparalo. Esta situación fixo de durante unha semana a Polícia Local non poidera acudir a prestar servizo aos veciñ@s de fóra do casco urbano como pasou recentemente,  na praia de Santa Marta, onde houbo un can que atemorizaba aos bañistas e peses os avisos os axentes non puideron acudir ao lugar. A isto hai que engadir os problemas no servizo de grúa, xa que ningún dos conductores habituais está en activo (un por baixa e outro por vacacións) e propio vehículo tamén está no taller ata o martes.

A resposta do goberno tripartito foi coller o antigo Xsara de Protección Civil, tunealo un pouco e poñelo a disposición da policía. Unha solución que non resolve o problema e que esperemos que non remate cun novo vehiculo municipal no taller. Ante as críticas volven co mantra: “non hai cartos”. Falan de que o parque móvil municipal e vello, e por suposto, eles gobernan, pero non teñen responsabilidade de nada. Sen embargo, hai que recordar que foi o goberno do PP na pasada lexislatura quen foi quen de adquirir un novo vehiculo para a Policía Local e conseguir a través da Xunta de Galicia novos equipos para Protección Civil. Que fixeron os que están agora na lexislatura 2007- 2011 cando Cangas vivía con orzamentos municipais de 20 millóns de euros?

O único certo e que se continúa o pasotismo instalado no goberno tripartito os servizos de emerxancia municipais rematarán a lexislatura desprazándose en “troncomóvil” como ‘Os Picapedra’ e aínda o venderán como medida de aforro enerxético.