SOLIÑO RESPONDE AS CRÍTICAS DE PAZOS E ABALO SOBRE AS CESIÓNS EN O SALGUEIRON

O voceiro do PP ve un afán de desprestixiar a xestión do anterior goberno falseando a realidade, nesta ocasión a conta das cesións por parte da Autoridade Portuaria de Vigo dos terreos en O Salgueiron e a nave de Massó.

Masso

Soliño sae ao paso das informacións periodísticas nas cales o alcalde de Cangas Xosé Manuel Pazos e o seu concelleiro de Urbanismo Mariano Abalo poñían en dúbida as xestións realizadas polo goberno do Partido Popular durante a pasada lexislatura para a cesión por parte da Autoridade Portuaria de Vigo dos terreos de Salgueirón e de parte da nave da antiga fábrica de Massó. O goberno tripartito afirmaba que a cesión dos terreos non era gratuíta e que suporía unha carga económica para as arcas municipais.

O edil popular recorda que foi o goberno presidido por José Enrique Sotelo o que logrou reconducir o lamentable estado de abandono da zona, asumindo a entidade portuaria as obras de acondicionamento da zona cun investimento de 400.000 euros antes de cedelas ao consistorio, resultando un novo espazo público de referencia para toda a vila. “A súa forma de actuar (a do goberno) só busca desacreditar todo o traballo feito ata agora en Cangas, que foi moito, e que está documentalmente acreditado” declara. Un deses exemplos foi a visita a Cangas do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo Ignacio López Chavez en outubro do 2013  na cal anunciou a desafección dos terreos a favor de Costas e do propio Concello de Cangas, “acto no que por certo estivo presente o sr. Pazos” engade. Ademais, Soliño recorda que pouco despois, o 25 de outubro o consello de administración da entidade titular dos terreos aprobou dita desafección dos 35.542 metros cadrados a favor da administración local, remitindo o expediente ao Ministerio de Fomento.

A isto, hai que engadir as explicacións realizadas dende a propia Autoridade Portuaria a través do seu presidente. López Chavez sinalou que xa lles explicou ao actual goberno tripartito de Cangas que a cesión sería gratuíta salvo que os novos usos das instalacións sexan de carácter lucrativo e é neste punto no que hai colisión de interesesDSC_1261. Pazos, Abalo e outros dirixentes do actual goberno sempre defenderon en público os usos exclusivamente públicos da zona de Massó, sen embargo o agora alcalde de Cangas afirma que “sería de inxenuos pensar que o concello ten medios para manter este lugar como museo sen ningunha actividade económica”. Un curioso xiro do discurso do señor Pazos, que como o gran Groucho Marx fai aquilo de “estes son os meus principios, se nón lles gusta, teño outros”.