PAZOS E JUNCAL VOLVEN A CRER NA MANCOMUNIDADE

Chama a atención da nosa formación o cambio de posición do sr. Pazos e a do alclade de Bueu que anunciaron a pasada fin de semana que están dispostos a abrir “un novo camiño e ir xuntos” para poñer en valor a Mancomunidade. Dende o PP de Cangas, celebramos este cambio pois a actitude tanto de Pazos como de Juncal nos últimos catro anos “foi totalmente contraria a darlle continuidade á Mancomunidade”. O concelleiro Pío Millán pon como exemplo que a finais do 2013, “no momento máis crítico que tivo a Mancomunidade dende a súa existencia, o señor Pazos votou en contra dun plan de viabilidade que salvase esta institución”, poñendo de relieve o seu “pouco ou ningún interese” e, agora, o seu “cinismo” acusando ao goberno anterior de poñer pedras nas rodas da Mancomunidade.

5. Pío Millán Blanco. 43 anos. Licenciado en Económicas e Master en Auditoría e Contabilidade Superior. Actualmente traballa de administrativo. Veciño de O Hío.

Pío Millán

Recorda o portavoz do PP que si a Mancomunidade do Morrazo é viable a día de hoxe se debe as actuacións promovidas a finais do 2013 polo entón gobierno de Cangas, que encabezaba o PP, que heredou unha “situación crítica” e estableceu as bases do futuro. A actitude de Pazos e Juncal, “non foi precisamente a de colaborar e conseguir unha Mancomunidade forte e viable”, critica, e lles insta a trabajar en adiante de forma “totalmente distinta para que poida facerse realidade o que eles prometen”.

Millán tamén sinala que durante o último ano Juncal fixo “oídos sordos” á demanda de conexión da planta de transferencia de residuos de A Portela á rede de saneamento de Bueu, que agora sí autorizou, obligou a Cangas a facer as xestións e “adiantar os fondos” e mantén aberta a vía xudicial sobre a obligación de pagar a Cangas uns 60.000 euros que tería recibido de máis no reparto dos fondos do Estado.

O edil popular sinala que o suposto problema de crédito do que tanto falan dende o tripartito cambiará esta mesma semana “coa aprobación plenaria dunha modificación de crédito que lles permitirá habilitar 90.000 euros con esa finalidade” grazas a que o anterior goberno do PP foi quen de conseguir nos xulgados que Aqualia teña que pagar a tasa do 1,5% por ocupación especial do subsolo.

Pío Millán destaca o cambio de discurso de Xosé Manuel Pazos, que empezou decindo que as arcas municipais “estaban baleiras” y agora xa recoñece que hai “máis de millón e medio de euros”, unha cantidade moi superior á que o PP se encontrou no 2011, cando “non había nin 5.000 euros”.