NEFASTA XESTIÓN DO TRIPARTITO DAS PRAIAS DE CANGAS
Segue habendo importantes deficiencias na seguridade e na limpeza dos areais municipais. Este mes un barco foi a pique frente a praia de Areabrava (con bandeira azul) sen que os socorristas poideran auxiliar aos ocupantes xa que non tiñan operativa a única lancha de salvamento en toda a Ría de Aldán.
A incompetencia da concelleira de Praias Tania Castro parece non ter límites. As súas demostración do absoluto descoñecemento da área da que é responsable e as súas ocurrencias hai que engadir a súa incapacidade para xestionar a limpeza e a seguridade nos areais municipais.
Se este ano a incorporación dos socorristas ás praias foi tarde, mal e a rastro agora hai que engadir os problemas para lograr manter operativas as embarcacións de salvamento. A primeira en sofrer problemas foi a situada na praia de Rodeira e agora a de Areabrava, o que produxo a escea surrealista de ver aos socorristas vendo dende o areal como un barco vai para ao fondo sen poder facer nada por auxiliar aos ocupantes. Castro, que xustificou a renuncia de tres bandeiras azuis por priorizar na seguridade de todos os areais da vila, volve a demostrar que todo foi fume para esconder a súa falta de xestión, afectando a imaxe turística de Cangas.
Aos problemas de seguridade hai que sumar a deficiente limpeza das praias coa acumulación de lixo nas papeleiras que non se recolle e a carencia de control no seu entorno, producindose acampadas ilegais en espazos natuarais protexidos .