O PP ALERTA DAS CONSECUENCIAS DE REVOCAR A DELEGACIÓN DO COBRO DO IBI NO ORAL

No pleno deste venres o goberno tripartito trouxo a proposta de revocar a delegación do cobro do IBI no ORAL co obxectivo de aforrar os 111.000 euros que o organismo provincial cobra por dita xestión en periodo voluntario. O grupo popular aletou a través do seu concelleiro Pío Millán os riscos que esta decisión esconde xa que non sería ata setembro cando o goberno local cobraría ese tributo polo que o Concello sofrería problemas derivados por tensións de liquidez ao longo da primeira metade do ano. Isto non é novo xa que cando o Partido Popular chegou ao goberno no 2011 tomou a decisión de delegar o cobro deste tributo no ORAL xusto co obxectivo de evitar eses problemas de liquidez recibindo mensualmente e de xeito anticipado por parte do ORAL fondos a cargo dos ingresos recibidos polo cobro deste imposto.

“Se ben é certo que esta medida implica nun primeiro momento un aforro ao ano de 111.000 (cartos que cobra o ORAL pola xestión do cobro do IBI), non se pode deducir que esta decisión non implique novas cargas ao Concello” explicou Millán xa que é preciso un axente catastral para poder realizar unha xestión directa, “persoal co cal o Concello no conta nestes intres”, engadiu,  “doutro xeito significaría non ter unha oficina en Cangas e que os veciñ@s tiveran que desprazarse a Pontevedra” rematou

Outros asuntos

Tamén foron abordados outros asuntos como a operación de crédito de 89.000 euros para pagar facturas pendentes (o informe de intervención falaba de 120.000 euros, cifra superada no momento do debate segundo recoñeceu o propio alcalde) a conta da tasa polo subsolo cobrada a Aqualia e que foi confirmada recentemente mediante sentenza firme polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a aprobación inicial do Regulamento Interno da piscina municipal, borrador feito durante o goberno do PP e que todas as formacións coincidiron que debía mellorar no proceso de alegacións previo a aprobación difinitiva.

Tamén houbo unha modificación das tasas do Conservatorio Municipal no relativo as matrículas de honra e axudas ás familias monoparentais, o nomeamento dos vagos do Consello Rector da Fundación Cangas Deporte así como o novo inicio do expediente para a cesión de terreos de Costas en favor do Concello de Cangas previo acondicionamento dos mesmos. Neste punto o Partido Popular de Cangas deixou claro que o anterior goberno iniciara o expediente e levou a cabo todas as xestións posibles encamiñadas a conseguir estas cesións polo que volver a iniciar de cero o expediente “é tirar con 2 anos de traballo” dixo o concelleiro popular Rafa Soliño.