O PP SOLICITA UN INFORME A INTERVENCIÓN SOBRE A UTILIZACIÓN DOS 800.000 EUROS DO CANON DO CICLO DA AUGA

O PP de Cangas volve a coller ventaxa ao alcalde de Cangas despois de ameazar con destapar non se sabe que usos fraudulentos dos cartos do canón pola concesión do ciclo da auga. O populares solicitaron por rexistro ao departamento de intervención que faga un informe sobre onde foron a parar eses cartos, para que todos os veciñ@s de Cangas coñezan de primeira man a verdade “fronte as mentiras esparcidas polo tripartito”.

Por outra banda tamén se solicitou por rexistro a lista de pagos dende o 15 de xuño, data na que foi efectivo o cambio de goberno, para coñecer se existen reparos suspensivos por parte da intervención municipal e cales son.