PAZOS APROBA O PADRÓN FISCAL DO CICLO INTEGRAL DA AUGA

DSC_0242O rexedor incumpre o compromiso plenario de non aprobar ningún padrón ata que foran respondidas todas as alegacións dos usuarios e houbese un acordo respecto as tarifas.

O Partido Popular de Cangas foi o primer partido da oposición en denunciar o último xiro do goberno tripartito, nesta ocasión a conta do servizo integral da auga. Este asunto, que fora utilizado dun xeito electoralista polas formacións que compoñen o actual goberno de Cangas volve a amosar a incoherencia do goberno local que predicaba unha cousa e agora fai outra ben distinta. Entre as resolucións da alcaldía das que deu conta o goberno local había unha agochada, unha de especial relevancia para tod@s os veciñ@s de Cangas. A de aprobación do padrón fiscal correspondentes aos meses de marzo e abril, que quedara en suspenso por un acordo plenario (no último pleno da pasada lexislatura) no cal todas as formacións se comprometeron a non dar ningún paso ata que as alegacións presentadas polo usuarios polo último recibo foran respondidas e houbese un acordo coa empresa para correxir desfases nas tarifas actuáis. Nese pleno o actual alcalde fixera especial enfase no cumprimento do acordo sengundo aparece na acta da sesión.

Onde queda a promesa de municipalizar o servizo? Como é posible que a resolución que acusaban de ilegal antes das eleccións sexa hoxe firmada por eles?

É agora cando ACE e BNG están retratando a súa incoherencia e amosando, unha vez máis, que DSC_0242enganaron aos cangueses/as con demagoxia prometendo cousas que sabían que non ían a cumprir. Agora falan do contrato (que xa existía antes das eleccións), falan do coste de recuperar o servizo,… Pero o certo e que todo iso xa o sabían.

Dende o Partido Popular sempre apostamos por unha solución negociada coa empresa na que se correxira o desfase do actual sistema de tarifas, especialmente nun dos seus tramos, recoñecendo dende un principio que se produxeron erros na valoración e deseño do sistema de tarifas. E coma sempre, continuamos defendendo a execución de solucións reais frente a demagoxía e os discursos baleiros.