SOLIÑO DENUNCIA A INSEGURIDADE NO RECINTO DAS FESTAS

O edil popular demostra con fotografías que as deficiencias no tendido eléctrico das barracas (empalmes, cables ao alcalce dos máis cativos preto do parque infantil,…) subsanadas segundo edil de Cultura Heitor Mera, seguían presentes pola tarde. Ademais as atraccións comezaron a funcionar sen a preceptiva inspección por parte do Concello.

O concelleiro do Partido Popular Rafael Soliño denuciou onte publicamente a deficiente instalación eléctrica das atraccións das festas e nas barracas colindantes, “cables que cruzan a rúa a escasa altura, algúns sinalizados cun