PAZOS E A ESTAFA POLÍTICA DO RECIBO DA AUGA (POR J.E. SOTELO)

Unha vez máis o portavoz dun goberno de mentiras, minte. Quen ten que dar explicacións non é o PP  que desde fai 3 meses  non forma parte do goberno municipal de Cangas, é o Sr. Pazos e Cía  autores dunha burda estafa política  co recibo da auga.

Donde están as promesas de municipalización? Esquence que todos grupos municipales  aprobamos  unha moción donde se eliminaban os mínimos  pasando  a pagar por consumo , e se unificaban as  tarifas  doméstica e industrial? Esquence que no Pleno de 24 de Abril acordamos por unaniminadade que mentras non se contesten as alegacións efectuadas polos veciños/as se cobrara como se viña facendo ata decembro do 2014  como si fora un pago a contas (coa a abstención do concellleiro do Psoe )? Donde están as contestacións as reclamacións ?
Esquence que foi él e non o PP quen aprobou clandestinamente e ilegalmente o padrón que o PP meses antes devolvera, e que tivo que retirar o Sr. Pazos por incumplir o período de exposición o público que fixa a Lei?Cando pensa contestar o recurso que interpuso o PP? Cando pensa contestar o escrito do PP esixindo informe de intervención do que se fixo co canón da concesión? Porque non dí  que a concesión é de 25 anos, a anterior foi de 20 anos,  para poder facer inversións por importe de 3.5 m. de €,  inversións que para algúns grupos hoxe no goberno lles parecían poucas? Cómo é posible que compañeiros do Sr. Pazos fai uns días digan que hai que auditar a empresa é que van a rescatar a concesión, e hoxe o Sr. Pazos di que a prioridade é baixar o recibo e remunicipalizar o servizo será despois? Lamentable.
Seguramente basearanse en informes deses asesores externos siniestros, parece ser que gratruítos, que o Concello de Cangas ten.
11147031_899062636816451_6832162393855568485_o
O PP quer que se solucione canto antes esta situación e estivo sempre disposto a chegar a un acordo que teña validez xurídica, pero non calquer acordo. O sr. Pazos e formacións afíns está claro que non. Viven políticamente das miserias da xente, sin problemas non son capaces de facer política, e con este problema a igual que con outros o único que fixeron foi aumentalo. 
Antes había o problema do recibo para unha parte da poboación,  agora hai ese problema e ademais o problema importe da débeda desde o primeiro bimestre. Temos un goberno de mentiras que o único que fai e xerar titulares para despistar e que non salgan a luz as diferencias entre eles… e só levan 3 meses .
J.E. Sotelo