GALLEGO DEMOSTRA O OPORTUNISMO POLÍTICO DO PSOE A CONTA DO NOVO HOSPITAL

Na pasada sesión plenaria a edil popular lembrou os compromisos adquiridos polo Concello de Vigo entorno ao novo hospital entre os que están a mellora dos accesos e dos servizos. Gallego tirou de hemeroteca para recordar que no ano 2008 o Scr. Xeral do Sergas, o socialista Cayetano Rodríguez Escudero, membro do goberno de Caballero, defendía o modelo de colaboración público-privado para a construcción do novo centro hospitalario.

4. Dolores Gallego Santos. 54 anos. Mestra e Educadora Social. Actualmente traballa como mestra no CEIP A Rúa. Veciña de Coiro.

Dolores Gallego Santos.

No pleno do pasado venres abordouse tamén un debate sobre o novo hospital público de Vigo, posto en funcionamento recentemente. O motivo do debate foi unha moción presentada polo PSG-PSOE na que se instaba a Xunta a recuperar a concesión do parking do centro sanitario e tamén a recuperar “a titularidade pública do hospital”, acusando a Xunta de Galicia de privatizar a sanidade pública.

Dende o Partido Popular de Cangas presentouse unha enmenda de sustitución á moción na que instábase a Xunta de Galicia a rebaixar as tarifas do parking do Hospital Álvaro Cunqueiro para os usuarios habituais, enfermos crónicos, pacientes  de diálisis,… así como esixir ao Concello de Vigo o cumprimento do convenio asinado coa Xunta de Galicia polo que se comprometía a facilitar os servizos básicos para que o centro hospitalario entrase en funcionamento, dentro do seu marco competencial, como é a conexión co saneamento e abastecemento, conexión a rede eléctrica, gas ou a accesibilidade entre outros. Neste sentido a edil popular Dolores Gallego sinalou que o Concello de Vigo debe artellar novas conexións no transporte público municipal para facilitar o acceso dos veciños e veciñas que chegan do Morrazo ata a Estación Marítima con liñas dende A Laxe ata o hospital así como facilitar novos espazos no entorno do recinto sanitario para o estacionamento de vehículos para ofrecer segundas e terceiras opcións aos usuarios fronte o parking. Sen embargo as formacións de esquerda quixeron facer xirar o debate entorno ao modelo sanitario e non sobre os problemas dos usuarios. Gallego lembrou o cinismo de nacionalistas e socialistas, que en tempos do bipartito e por boca de altos cargos como o Scr. Xeral do Sergas Cayetano Rodríguez Escudero, defendían o modelo de colaboración público- privada para a contrucción do novo hospital de Vigo e que agoran falan de demantelamento da sanidade pública. (http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2008/05/18/xunta-abre-puerta-participacion-privada-financiar-nuevo-hospital/225963.html)

Sen embargo, unha vez máis PSG-PSOE, BNG, ACE e ASPUM demostraron que o seu obxectivo non era tratar de poñer solución aos problemas dos veciños e veciñas senón que buscaban facer negocio político, coas eleccións no horizonte. Non só non apoiaron a proposta dos populares senón que apostaron por obviar a responsabilidade do Concello de Vigo na posta en marcha dunha infraestructura esencial para a zona sur da provincia, seguindo o xogo aos socialistas. En definitiva o importante non é traballar polo éxito dese novo centro sanitario senón que hai que torpedealo para arañar uns cantos votos. Esa é a nova forma de facer política para algúns…