SER ALCALDE NADA TEN QUE VER COAS TITIRITADAS DO SR. PAZOS

No pouco tempo que leva de Alcalde o único que demostrou o Sr. Pazos, é pretender xustificar a súa incapacidade e pouco traballo con mentiras e titulares cheos de sectarismo, simplemente para desviar a atención dos problemas que él e os seus socios crean.

Se alguén, como acostumbra él a dicir, enmerdou desde un principio o asunto do ciclo da auga foi o Sr. Pazos e acólitos, o mesmo que agora acusa aos demais de cinismo. Cínismo é  non  ter desvergonza ao mentir, ou non ter valores morais, e desde logo o Sr. Pazos non ten nin valores morais nin vergonza ao mentir. Sabe que cometeu unha burda estafa política  e remordelle a conciencia (se é que a ten ). Debe pensar o ladrón que todos son da súa condición,  é lóxico sabe que é Alcalde por accidente e pensa que na política vale todo.
Alomenos para o Sr. Sotelo e quenes o acompañaron na lista non vale todo. Que siga coa a política de titulares, pero os cidadáns queremos solucións. Este problema como outros,  pretenden eternizalos para seguir tendo argumentos políticos. Viven políticamente das miserias da xente. É goberno e ten a obriga de soluccionalo, dende logo se o PP estivera gobernando xa o estaría, porque a única solución posible é a proposta que días despois do acordo plenario do  24 de Abril  fixo o  anterior Alcalde a empresa, para buscar un acordo que pasaba o igual que agora pola rebaixa das tarifas a cambio de renunciar a parte das cantidades previstas para inversións.

 

foto Sotelo

Esa  era a obriga que tiña e a fixen, en días non en meses, porque desde cando os acordos plenarios se publican no BOP? Os acordos plenarios se cumpren, alomenos antes. E o fixen en cuestións de días. Que fixo vostede? Anunciar un día o rescate da concesión e o día seguinte o contrario? Xa sabemos que vostede é dado a publicar no BOP mesmo acordos que meses antes decía que eran ilegais e que pola porta de atrás tivo o cinismo de aprobar. Acordos que o PP había devolto. Lembra o que pasou co padrón que quería cobrar en 15 días? Seguramente ten amnesia. Lóxico, están pendentes dos informes externos dos asesores sinistros que teñen.
Non sigan polo camiño da permanente mentira . Fixeron unha estafa politica, e agora son reos das promesas feitas. Busquen solucións aos problemas, nese camiño seguro que nos atopan. No camiño polo cal pretenden camiñar, da calumnia, da mentira permanente e cínismo incendiario e asambleario, non. Seremos quen de desenmascaralos as veces que faga falla.
Teríamos erros, seguro, pero en traballo, xestión e honestidade estamos a anos luz, dende logo non poden darnos leccións.
José Enrique Sotelo Villar