CEN DÍAS PERDIDOS

Este titular é o perfecto resumen do que supuxo para Cangas estes 100 días de goberno tripartito. Moito simbolismo, nula xestión e sectarismo dun goberno inexperto con evidentes carencias.

As únicas medidas que se coñecen demostran unha incapacidade absoluta para darlle solución aos problemas que temos. Estes tres meses longos caracterízanse non só pola parálise de novos proxectos senón por alterar algúns dos que xa estaban en marcha.

Desde logo as perspectivas para os próximos catro anos non son “halagüeñas”. É unha mágoa ver como se tira pola borda por irresponsabilidade co traballo feito en prol do turismo nos últimos catro anos, sen dúbida un dos futuros alicerces económicos do noso Concello (Bandeiras Azuis, limpeza de praias, falta de socorristas así como material,…),ou como a conexión do Paseo de Massó coa Senda Costeira que une Areamilla con Liméns que por prexuízos ideolóxicos despois de ser concedida a subvención pérdena por non molestar aos acólitos dalgún grupo do actual goberno.

Sen dúbida, co novo goberno antepóñense os intereses partidarios aos do noso pobo. A sensación de parálise, a pesar do pouco tempo transcorrido é xeneralizada. Foron 100 días perdidos. Obras ningunha soamente as que nós deixamos, muros moitos os da súa ideoloxía.

A continuación se detallan os “DESfeitos” en cada unha das áreas durante os 100 días de goberno:

Obras e Servizos:

  • Falta de limpeza viaria e desbroces nos camiños do rural.
  • Ningún proxecto novo.

Os únicos proxectos que se desenvolven na actualidade ou que se levaron a cabo durante estes 100 días son os que deixamos iniciados (asfaltados camiños, casa do médico de Hío, subida a Espiñeira, senda Aldán-Vilariño, parque Choupana, obras instalación deportivas novos vestiarios no Gatañal e Coiro, humanización Avda. Lugo-Boubeta, iluminación Avda. de Vigo).

  • Paralización doutros proxectos como os do entorno da Praza de Abastos e da senda Areamilla-Massó.

Facenda, Urbanismo e Patrimonio:

  • Asesores en negro.
  • PXOM secuestrado.

Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade:

  • Cancelación da Festa dos Maiores.
  • Posta en marcha do que antes entendían como “cortello” da casa do médico de Hío.

Mocidade e Voluntariado:

  • Descoñecemos de que exista esta Concellería, salvo polos twitters.

Ensino e Deportes:

  • Peche da Piscina Municipal e incapacidade para a súa reapertura.
  • Desaparición do Banco de Libros.
  • Grada do Alondras paralizada.
  • Obras nos Colexios públicos, tarde mal e arrastro.

Desenvolvemento Económico e Emprego Local:

  • Descoñecemos calquera iniciativa desta área.

Medio Ambiente e Turismo

  • Desparición da Patrulla Verde.
  • Renuncia Bandeiras Azuis.
  • Limpeza e mantemento das praias moi deficiente.

Cultura e Normalización Lingüística:

  • As peores festas da historia de Cangas e aínda por riba sectarias.
  • Eliminación da Escola de Gaitas e Percusión.

Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo:

  • Descoñécese calquera actividade desta Concellería.

Mobilidade e Transporte:

  • Descoñecemos ningunha actuación.

Policía e Protección Civil:

  • Como gran logro desta área destacamos el “Affair” de la Policía, a campaña “Policía a pé”.
  • Os cambios de mando por decreto sen negociar coa Xunta nin Comité.

En definitiva unha auténtica desfeita que este Pobo non se merece, e tan só levan 100 días.