A XUSTIZA DA A RAZÓN AO CONCELLO DE CANGAS CONTRA O SR. JUNCAL

Unha vez máis, demostrase que o tempo sempre da e quita razóns, como demostra a nova publicada no Faro de Vigo, “El juzgado obliga a Bueu a pagar los 65.200 euros que el Estado embargó de más a Cangas”.

A xustiza conclúe que o Sr. Juncal sabendo que tiña algo que non era do Concello de Bueu, negouse a entregarllo ó Concello de Cangas, buscando todo tipo de artimañas para non pagar, estivo durante seis meses dicindo que non había problema, e que se ía solucionar todo, coa única intención de gañar tempo e non lle devolver a Cangas o que era do Concello de Cangas. Agora non ten que pagar só os 65.200 € que se lle retiveron de mais a Cangas, senón que ten que pagar intereses a maiores, o sobrecuste de intereses desta devolución están causados exclusivamente pola aptitude caprichosa do alcalde de Bueu, por tanto debería dar explicacións de porqué unha decisión persoal do alcalde lle costa un prexuízo económico ás arcas do concello de Bueu sen necesidade.

Cando se tomou a decisión de presentar unha demanda no contencioso por parte do anterior goberno do Concello de Cangas, non foi por unha decisión precipitada senón que despois de seis meses de intentar solucionalo polas boas a través de distintas conversas non vemos na obriga de dar un paso adiante e ir pola vía xudicial, xa que o Sr. Juncal nos estaba enganando. Con esta sentencia demostrase que tiñamos razón, e que quedan o descuberto as mentiras e os enganos do Sr. Juncal.

Desgraciadamente o Sr. Juncal utiliza esta estratexia de gañar tempo ante un problema, dicíndolle aos afectados que todo se vai solucionar, e por outro lado non fai nada para resolvelo; provocando que un tempo despois o problema sexa moito máis grave e teña menos posibilidades de solución, este tipo de estratexia pode ter resultado a curto prazo pero a medio ou longo prazo as consecuencias poden ser moi negativas como se demostrou neste caso para as arcas do Concello de Bueu.

 

5. Pío Millán Blanco. 43 anos. Licenciado en Económicas e Master en Auditoría e Contabilidade Superior. Actualmente traballa de administrativo. Veciño de O Hío.

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA. EE. do PP de Cangas.