ÁREA METROPOLITANA SÍ … PERO NON A CALQUERA PREZO
Nunha mostra máis da súa deriva política, o hoxe Alcalde de Cangas coa única finalidade de intentar desprestixiar a Xunta de Galicia e sen importarlle Cangas, bótase nos brazos do Sr. Caballero, esta é a conclusión que calquera persoa deduce das declaracións efectuadas a un medio informativo o pasado día 2 de outubro. “Pazos acusa a la Xunta de ralentizar el Área y teme que el PP las utilice para aleccionar a los suyos” e mesmo afirma, seguramente por descoñecemento e cinismo, que se alegra de que se invitara a oposición, pero pregunta por qué antes quedaba relegada. A maioría dos problemas están solucionados.
Coa a súa habitual desfachatez unha vez máis o portavoz do goberno da mentira que ten Cangas, minte.
Qué problemas se solucionaron? Ningún, e por certo, a oposición estaba representada (Art. 5.2), que no caso de Cangas era a hoxe portavoz do BNG ( Pleno 29.Xuño.2012 ). Mesmo quere impoñer un calendario a Xunta sentíndose vítima do actual, Cangas é consultada en antepenúltimo lugar, pero o é dado que empezaron as consultas de menor a maior poboación. A política do falso vitimismo unha vez máis intentada aplicar á Área Metropolitana (A.M.).
Pero están as hemerotecas (Pleno 28 de Marzo do 2012). Moción presentada polo Sr. Pazos onde consideraba a composición da A. M. lesiva para os intereses deste Municipio, falaba da ordenación do territorio e que Cangas non podía depender das decisións que en tal materia tome Vigo, falaba dunha proporción inadmisible de Concelleiros de Vigo, 24 fronte a 4 de Cangas ou 3 de Moaña, e aínda que fora en contra da proposta da Xunta o PP de Cangas votou a favor da moción. Incidía no finanzamento da xestión da auga, do transporte metropolitano, de seguridade, de promoción turística e cultural, xestión de residuos… Aprobamos no Pleno a mesma por unanimidade.
Qué problemas solucionaron para que en 2 anos o Sr. Pazos pase a ser un palmero máis do Sr. Caballero? O único argumento posible é a incoherencia coa que actúa movido por un rencor a outros posicionamentos políticos sen ter en conta para nada, unha vez máis, os intereses de Cangas.
Melloraron o finanzamento, aumentaron a proporción de concelleiros de Cangas, ou acaso o Sr. Caballero deixou de boicotear o transporte metropolitano? Non.
Qué pasará coa Mancomunidade? Renunciaremos as señas de identidade dunha comarca como O Morrazo por seguidismo político de quen demostrou que o único que lle importa é o seu ego?
Seguiremos pagando máis chiringuitos?
A proposta de Vigo haberá que estudala e valorar o que pensan noutros concellos, pero alomenos o PP de Cangas sempre pensou que debía existir un equilibrio, sen imposicións, e desde logo este é un mal arranque.
Lamentamos que palmeros como o Sr. Pazos queiran que Cangas sexa un barrio de Vigo. Dende o PP de Cangas sempre nos opuxemos e seguirémolo facendo mentres non exista ese equilibrio que algúns preconizaban cando eran Oposición e agora que gobernan esquecen.
A.M. para mellorar servizos sí, para mellor gloria política de algúns non. Cangas non é un barrio de Vigo.
José E. Sotelo, concelleiro e pte. do Partido Popular de Cangas.