GRAÑA DENUNCIA O ESTADO DE ABANDONO DO BARRIO DO OUTEIRO

IMG_2021Tamén denuncia que durante 5 días estivo “tirado” na estrada de Darbo, invadindo a beirarrúa, dificultando o tránsito dos peóns.

Denunciar que dende o pasado mércores ata o luns estivo “tirado” o tractor da Brigada de Obras do Concello na estrada de Darbo, xerando unha situación cando menos perigosa, xa que ocupaba a metade da beirarrúa, interrumpindo o tránsito de peóns nese punto.

O citado tractor carece dunha das rodas do remolque como ben se pode apreciar o que non é normal é que esté estacionado dese xeito perigroso tanto tempo. Se é cuestión de orzamento, cos 400 euros do viaxe innecesario a Alzira xa habería cartos para adquirir esa necesaria roda.

Esta Sra. se gastou cerca de 400 euros nunha viaxe, que para nada requería da súa presenza, xa que o traballo de traer a Cangas este Encontro Nacional de Confrarías de España xa o tiñan feito as Confrarías canguesas de maneira excepcional. Polo que reafirma que non se perdería nada se non fose e eses cartos foran para a reparación do necesario tractor, elemento fundamental para a Brigada de Obras. E esto non son tonterías senón VERDADES.

Lembrar á Sra. Giráldez que leva máis de 20 años de concelleira e nunca gañou unhas elecciones, só gobernou pola suma de perdedores.

Por outra parte, facémonos eco das denuncias veciñais do Barrio do  Outeiro no casco histórico cangués da situación de abandono e desidia no que se encontran. Zonas carentes de limpeza e desbroce invaden este lugar e debido a esta acumulación de vexetación e residuos, teñen tamén roedores, gatos, gaviotas, etc…

Esta ruta é de paso para as visitas turísticas guiadas e promovidas por el Concello ao Casco Histórico Cangués, concretamente as imaxes corresponden á subida ao inicio deste barrio, e cerca do lavadeiro que tamén se visita da Fonteferreira.

Instamos al gobierno municipal a que solucione esta situación da forma máis urxente posible xa que esta situación insalubre no fai máis que empeorar.

Jesús Graña, concelleiro do Partido Popular.