UN GOBERNO DE TITULARES E CIRCO

Unha vez máis demóstrase que cando alguén é incapaz de ter argumentos políticos é quere ser o protagonista, pensa que con buscar grandes titulares está xustificando a súa nula xestión. Grave erro. Pero máis grave é que veladamente se pretenda acusar aos que xa non somos goberno, non só de falta de control senón mesmo de sustración dunha peza dun valor, alomenos histórico, moi importante. É unha grave irresponsabilidade e tamén hai que decilo, é unha mostra máis das máns nas que está Cangas. Un goberno infantil e irresponsable, encabezado por un titiriteiro (con moito máis respeto aos titiriteiros co que él ten a oposición), alcalde por accidente e que pretende ser o mesmo tempo oposición e goberno. Como diría un cazador, os páxaros tíranse ás escopetas.

Ao PP de Cangas ninguén nos vai a dar leccións de como protexer e defender algo que puxemos en marcha: as excavacións do Santuario do  Facho. As hemerotecas están ahí . As hemerotecas dín que houbo un goberno entre o 2007-11 donde o actual Alcalde foi concelleiro de Cultura e tiña como cabeza unha persoa do BNG, un goberno tripartito o igual que agora que esqueceu o Santuario do Facho. As aras xa estaban no Auditorio Municipal durante esa época debidamente inventariadas coa axuda do  Instituto Alemán de Arqueoloxía, e o arqueólogo era o mesmo. A qué ven agora esta fotonovela? Seguramente a intentar desprestixiar nun acto de irresponsabilidade, aos que agora somos oposición e que sí cando tivemos a responsabilidade de gobernar nos preocupamos polo Facho.
As aras están no Auditorio bastante mellor que nun almacén do Museo de Pontevedra. Pois no Museo só están expostas dúas, as máis emblemáticas e que algún traballamos para que en algún momento non moi lonxano volvan a Cangas (Proxecto Museo Mar de Cangas  nas naves de Ojea  que ten unha parte específica adicada a arqueoloxía, sen deixar de contar coa reconstrucción dunha edificación en Donón).
Lembrar que no 2007 deixamos 300.000 € dunha subvención dun Proder  para levar a cabo unha edificación en Donón que o naquel momento goberno foi incapaz de aplicar, por iso as aras seguiron no Auditorio ata hoxe. Os culpables foron o Sr. Pazos e os compañeiros do Sr. Mera.
O goberno do PP na pasada Lexislatura volveu a poñer en valor O Facho, primeiro coa limpeza e desbroce, logo coa colocación da reproducción das aras máis valiosas e a declaración pola Xunta de Galicia do Monte de O Facho como Ben de Interese Cultural (BIC) e, para culminar a nosa xestión,  a adhesión ao convenio do Ministerio de Fomento, Deputación de Pontevedra e Concello que permitirá contar con máis de 600.000€ para poñer en valor un dos recunchos máis fermosos pero tamén históricamente máis importante da Península Ibérica, sen dúbida o primeiro lugar de peregrinación coñecido.
Só esperamos do actual goberno municipal que sepa aplicar, aínda que temos as nosas dúbidas, eses cartos para o que son, e non se volvan a repetir os feitos do ano 2007. A realidade do Facho é que uns traballamos con feitos e outros con titulares  Estou seguro de que algúns dos concelleiros que parece queren sentar cátedra nin alí estiveron.
O actual goberno, insisto, co Alcalde ao frente que noutros momentos de abandono do Facho era concelleiro de Cultura, conxuntamente co ínclito concelleiro de Cultura, que debería estar preocupado polas facturas non presentadas das Festas do Cristo 2015, que pediremos nos próximos días, deben pedir perdón publicamente, primeiro o arqueólogo e despois aos que tivemos a responsabilidade de gobernar noutros momentos e que sí nos preocupamos e nos ocupamos do Facho non nos periódicos senón “in situ”. Esiximos explicacións de como si supoñían que o suposto anel ou restos dun suposto anel, estaban na única caixa forte que ten o Concello, na alcaldía (que eu  saiba nunca existiu ningunha) antes de montar este número mediático non se revisou. Fácil solución baixar dous pisos as escaleiras. Seguramente non o fixeron porque o ascensor leva dúas semanas avariado.
Esiximos aclaracións e disculpas. 
Anunciamos medidas nos próximos días.
J.E. Sotelo Pte. do Partido Popular de Cangas.
11147031_899062636816451_6832162393855568485_o