NECESIDADE DE CONTINUAR COS TRABALLOS DO RUEIRO

A aptitude do goberno do Concello de Cangas, e en concreto do seu alcalde, está deixando ó descuberto que moitas palabras pero ningún feito. Un continuo engano.

Dende finais do 2014 se veu realizando o traballo de numeración de vivendas no municipio de Cangas, utilizando como base o rueiro aprobado en 2005 e complementando coas aportacións feitas polas asociación de veciños que se reuniron cos membros do anterior goberno, no cuarto trimestre de 2014. No mes de maio de 2015 rematouse o traballo de campo de sinalización na parroquia de Aldán.

No pleno celebrado o 31 de xullo do presente ano aprobouse unha moción presentada polo grupo municipal do Partido Popular de Cangas, na cal o primeiro punto tiña a seguinte redacción: “Seguir numerando as vivendas segundo o rueiro en vigor e as aportacións recentes dos colectivos veciñais”. A maiores o alcalde traslada nese pleno que xa se rematara o traballo de campo en Aldán e que ían comezar coa parroquia do Hío.

No pleno celebrado o día 11 de setembro de 2015, o Partido Popular de Cangas realiza a seguintes preguntas:

1.- Cal foi a causa de que non se retomaran os traballos de numeración, en base ó rueiro municipal?

2.- Cal é a data prevista de inicio de ditos traballos?

O Sr. Pazos resposta a estas preguntas, que non se fixo nada ata o momento por non contar co traballador responsable de estas funcións a causa do disfrute das súas vacacións .

Que se continúe este traballo non é por capricho do Partido Popular de Cangas, senón que é unha necesidade, xa que os problemas que se lle causan ós veciños coas distintas administracións e co servizo de correos están indo a mais.

A realidade é que pasaron dous meses dende a moción e mais dun mes dende as preguntas presentadas e todo segue igual, non se inicio o traballo. Como diciamos no inicio da nota, moitas palabras acompañadas dunha falta de cumprimento dos compromisos e carencia de traballo.

5. Pío Millán Blanco. 43 anos. Licenciado en Económicas e Master en Auditoría e Contabilidade Superior. Actualmente traballa de administrativo. Veciño de O Hío.

Pío Millán, concelleiro do Partido Popular