A CONTABILIDADE OFICIAL DO CONCELLO DE CANGAS DI QUE EN XUÑO DO 2015 QUEDABA DISPOÑIBLE PARA O NOVO GOBERNO O 54 % DO ORZAMENTO DO 2015

Ante as manifestacións feitas polo goberno tripartito actual, vémonos na necesidade de saír ó paso, xa que se falta a verdade de forma clara.

Para os que levaron ao caos económico cando finalizou a lexislatura anterior, o goberno do Partido Popular solicitou na intervención municipal a situación de gastos do orzamento do 2015 a esas datas (acompañase copia do documento oficial entregado na intervención).  Nese documento refléxase que o orzamento total pasa a estar en 15.538.842,91€, os gastos totais comprometidos a esa data son de 7.082.693,29, é dicir; que se comprometeran gastos ata ese momento por un 45,58% do orzamento total.  Desta forma quedaría un orzamento dispoñible para os novos gobernantes durante o 2015 de 8.456.149,62 €, dos cales 4.065.797,88 serían para nóminas e 4.390.351,88 para gasto corrente e inversión. O novo goberno dispón de mais de 4,3 millóns de euros para rematar o ano para gasto corrente e inversións.  Estes datos non os inventamos, senón que saen do documento con maior veracidade que pode existir sobre a situación de gastos do orzamento do 2015 no momento do cambio de goberno. Documento totalmente técnico que non da marxe a interpretacións nin manipulacións.

Xa dixemos en reiteradas ocasións que as contas deste Concello se están auditando de forma continua, contas xerais en tempo e forma nos últimos anos, informes trimestrais do seguimento do Plan de Axuste e outros documentos oficiais que seguen o día a día da evolución económica deste concello. Agora entendemos que o que buscaba o goberno actual coa suposta auditoría era crear unha cortina de fume para intentar xustificar o non cumprimento dos seus compromisos electorais en materia de impostos, os gobernantes actuais sabían que non ían poder baixar os impostos pola situación económica despois do 2011. O mesmo que fixeron co problema da auga, Poden intentar presentar todos os informes que queiran pero o único documento oficial que pon de manifesto cal foi o gasto ata o cambio de lexislatura e que gasto queda dispoñible no orzamento é o estado de gastos.

Por todo o anterior, demostramos que o actual goberno intenta desprestixiar a labor feita en materia económica no goberno anterior con mentiras e falsidades. Dicirlle ós que nos queren tachar de irresponsables, que irresponsabilidade é toparse no 2011 cun orzamento prorrogado dende o 2008, ser irresponsable é deixar un remanente de tesourería negativo de mais de 17 millóns de euros, ser irresponsable é obrigar a este concello a entrar nun plan de axuste por impagos de mais de 15 millóns de euros. Dicirlle o señor Abalo, que cuestiona tamén a labor feita nos anos 2012, 2013 e 2014; que o propio Consello de Contas despois de analizar as contas do Concello resaltou o bo facer do Concello de Cangas nestes anos. Dicir que na lexislatura anterior se fixeron os orzamentos os máis realistas posibles, e iso demostrase no resultado das liquidacións dos mesmos, dicir tamén que se baixou dun remanente de tesoureira negativo de -17.354.789,50 € a importe negativo por debaixo do millón de euros (achégase a evolución dos últimos 4 anos no Concello de Cangas). Lembrarlle a Sra. Giráldez,  a que nos chama irresponsables; que grazas a ese Plan de Axuste puido cobrar a súa empresa as facturas que lle pasara ó concello de Cangas.

Falan tamén de ter que pagar sentenzas como a de Promalar. Debemos trasladarlle ao concelleiro Abalo que dende o servizos técnicos do Concello se nos informou que non existiría obriga deste pago dende o momento en que se aprobase inicialmente o PXOM, pero temos claro que iso si que non lle interesa a este señor, e a historia está para que se demostre a nosa afirmación. Se vostedes  falan de sentencias debemos lembrarlle que non se atoparon, como si nos pasou a nos; cunha sentencia firme de PRIDESA  de mais de 400.000,00 € por non ter recorrido no seu momento o concello de Cangas, nin de 18 sentencias condenatorias por danos patrimoniais no paseo de Rodeira por abandono e falta de mantemento, e así moitas mais.

Non imos consentir, que estes señores que están agora gobernando veñan a darnos leccións de cómo administrar o Concello. Se prometeron que ían baixar os impostos que o cumpran e se non que digan a verdade, pero que non se escuden en mentiras e infamias, culpando ós demais e eximíndose que calquera responsabilidade, e dicir; UNS IRRESPONSABLES. Repítolle Sr. Pazos unha cousa e predicar é outra é dar trigo, ten a obriga de gobernar este concello e debe pórse a elo, deixe xa a propaganda, as mentiras e póñase a xestionar.

 

Situacion de gastos 04062015                     Evolución 2011 – 2014

 

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE. do PP de Cangas.