SOBRE A SUSPENSIÓN DO MERCADILLO EN CANGAS

O Partido Popular de Cangas, ante as queixas dos diferentes colectivos, amósase critico coa medida tomada polo goberno tripartito de Cangas de suspender a celebración do mercadillo de Cangas. Baixo a nosa opinión é tratar de martar moscas a cañonazos. É unha medida que afecta negativamente ao comercio, á hostalería, á Praza de Abastos e ao resto de feriantes, que por culpa dun incidente alleos a eles van a ver as súas economías afectadas. Esta decisión afecta directamente a negocios autónomos inocentes, reducindo a afluencia de clientes mermando de forma importante a facturación, así como a todos os veciños e veciñas de Cangas, que nada tiveron que ver con feitos acaecidos. Tamén hai que sinalar que no caso da Praza de Abastos e dos feriantes de productos perecedeiros (froitas, hortalizas, plantas,…) tamén existe o deterioro do producto que ían a comercializar de xeito irreversible.

 

Para a nosa formación o tripartito debería traballar con outro tipo de medidas, na liña de que aos culpables das pelexas (unha vez identificados como nun principio se dixo que foron) se lles sexa prohibida ben temporalmente o de xeito definitivo a instalación dos seus postos na feria de Cangas. Doutro xeito están pagando xustos por pecadores.

 

Unha vez máis, e xa van 3 en apenas cinco meses de goberno tripartito, vólvese a atentar contas os intereses dos comerciantes, hostaleiros, placeron e veciñanza. Neste sentido, debemos lembrar que este goberno anulou a zona azul gratuíta tan demandada polo sector para dinamizar o comercio no centro da vila, a renuncia dunha subvención de 75.000 euros da Xunta de Galicia para continuar a labor de mellora do Praza de Abastos e o seu entorno desenvolvida xa polo anterior goberno (do PP) e agora a suspensión do mercadillo.

 

O PP de Cangas considera que esta suspensión é unha medida infantil dun goberno de pandereta. Esiximos que o goberno local permita a celebración do mercadillo coa inhabilitación temporal ou definitiva de aquelas persoas implicadas nos incidentes e baixo medidas de seguridade correspondiente e oportunas.

Non pode ser que por dous ou tres, pague o pobo enteiro.

Rafael Soliño, concelleiro do Partido Popular de Cangas.