UNHA ABALADA MÁIS (Non será a última)

No pleno do día de onte na Deputación de Pontevedra, atopámonos coa sorpresa de que a Presidenta da Deputación solicita a retirada do punto da orde do día a instancias do Concello de Cangas, sobre a derogación da delegación da xestión do IBI do municipio de Cangas no ORAL.

Cando esta solicitude se presentou no pleno do Concello de Cangas, xa advertimos o que pasaría coa xestión catastral e coas plusvalías.

Nunha mostra máis de irresponsabilidade, asesorados por sinistros personaxes ; poñían en perigo a estabilidade económica do Concello, sen ter en conta as consecuencias, nin tan sequera tiñan definido as necesidades materiais e económicas; pretendendo a súa posta en servizo o 1 de xaneiro.

Por todo elo, deciden agora recuar, demostrando así que tiñamos razón no momento da súa aprobación en Cangas, que non se traballara no estudo desta proposta, que foi unha arroutada do concelleiro da area.

Alegrámonos que aínda que sexa a última hora impere fronte a improvisación o sentido común, pero moitos nos tememos que sexa por pouco tempo.

 

OFICINA ORAL CANGAS

OFICINA ORAL CANGAS