A SOLUCIÓN DO COBRO DO CICLO DA AUGA PASA POLO CUMPLIMENTO DO ACORDO PLENARIO

O goberno de Cangas transmite, a través dos medios de comunicación; que van realizar unha asemblea para falar das distintas alternativas que teñen para a taxa do Ciclo da Auga. Propoñen aplicar no 2015 a tarifa de auga do 2014 e traballar sobre unha oferta para o 2016.

Despois de cinco meses nunha total incerteza e dando bandazos; o goberno actual chega a conclusión de que o mellor que se pode facer é cumprir o acordo do pleno do 24/04/2015 onde se establecía aplicar as tarifas do 2014 para o ano 2015 e buscar unha solución para os seguintes anos.

Durante estes cinco meses, dende o goberno non fixeron outra cousa que acusar o Partido Popular de todos os males e tomar decisión que días despois rectificaban. A principios de agosto intentaron cobrar o padrón do bimestre marzo-abril 2015 coa publicación da súa aprobación no BOP do 06/08/2015. Ese padrón fora devolto á empresa concesionaria polo goberno anterior rexeitando a súa aprobación, a causa do acordo plenario do 24/04/2015. Ademais de incumprir ese acordo este goberno intenta cobrar dito padrón incumprindo a normativa que afecta os prazos de cobro, ¡¡realizando un exercicio da súa alardeada transparencia!! Dende o Partido Popular de Cangas preséntase un recurso de reposición contra ese acordo, pola flagrante ilegalidade. A día de hoxe está sen responder dito recurso, sendo unha obriga da administración resolver e notificar dita resolución no prazo dun mes. Aínda que o día seguinte da presentación do recurso de reposición o goberno acorda anular o cobro do padrón, recoñecendo implicitamente a ilegalidade que estaba cometendo. Tamén queremos destacar que no mes de agosto se fixo referencia en varias ocasións a existencia de informes municipais que advertían da inviabilidade de aplicar o acordo do pleno do 24 de abril.

Gustaríanos coñecer que foi o que cambiou para que en agosto, aplicar as tarifas do 2014 no 2015 era inviable é agora parecer ser que pode ter viabilidade.

As situacións que se deron durante estes cinco meses sobre este problema, puxeron de manifesto a falta de rigor que tivo ata agora o goberno de Cangas, o que mais desexamos é  se deixen de cambiar de criterio de forma continua.

O que queremos dende o Partido Popular de Cangas é que se chegue a un acordo definitivo que elimine a situación de indefinición en que se atopa a cidadanía de Cangas, sempre e cando se respecte o acordo, por unanimidade; do pleno do 24 de abril.

Tamén lle solicitamos o goberno que lle requira á concesionaria a resolución dos recursos, presentados polos veciños; sobre os cobros indebidos no primeiro padrón do 2015 por aplicar os prezos iniciais do 2015 a períodos de consumo do ano 2014.

Pío Millán, concelleiro e voceiro de AA.EE do PP de Cangas.