A RE-APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL DO TRIPARTITO

Tras un prudencial silencio ante a deriva que ia tomando a apertura e xestión da piscina municipal,xa que o noso desexo sempre foi non pechala, e esperando a data definitiva de apertura, consideramos que é o momento de explicar a nosa opinión sobre este proceso.

Asistimos estupefactos, unha vez máis, a outra neglixente xestión do Goberno Municipal cangués , que en catro meses xa  tennos acostumados, como é apertura da piscina municipal A Balea.

O pitoniso Sr. Chillón xogou durante máis de dous meses con a moita xente interesada en beneficiarse dos servizos de esa infraestrutura de xeito falso e moi pouco serio.

En primeiro lugar mentiu sobre a data de apertura durante estes meses: primeiro dixo que a primeiro de setembro, despois que durante o citado mes,a continuación citou o 1 de outubro, máis adiante finais de outubro para finalmente ser a principios de novembro a data oficial. Todos estes anuncios foron realizados na prensa polo que están aí reflectidas a falsidade de datas.

Tamén chama a atención o tipo de xestión PRIVADA para a citada instalación municipal. O seu grupo municipal (BNG) éncheselle a boca con a municipalización de todos os servizos cando están na oposición, mentres que no goberno só saben privatizar como nesta xestión da piscina municipal; miúda coherencia! Todos os grupos do goberno venderon a municipalización como bandeira nas eleccións municipais; xa miramos como “cumpren”.

Precisamente ese diferente concepto de municipalización é o cerne verdadeiro da demora da apertura da piscina. Deben utilizar un dicionario distinto e de aí xorden as disputas que prexudican a todos cangueses/as; aínda que parece máis ben unha agochada de cabeza ante o que se predicaba con tanto ahínco e o que se fai.

A “municipalización” elixida é tamén a máis prexudicial para os intereses do Concello xa que este pon un fixo de orzamento para a empresa independentemente do número de usuari@s .A empresa cobrará o diñeiro teña ou non usuarios/as. A isto hai que engadirlle que o ser un contrato de curta duración hai unha falta de inversión que levará a unha apertura da piscina moi por debaixo do seu potencial nas actividades. Este tipo de contrato de servizos foi o que tanto criticaron que fixo o anterior goberno por tres meses, e agora eles gábanse del.

Se o contrato fora como se plantexara por o anterior goberno a tres ou catro anos, as empresas aumentarían a súa inversión e as melloras completarían as instalacións e así poder abrir o 100% das posibilidades da piscina. Ademais, tal como indica o estudo económico-financieiro feito para a xestión da piscina, o Concello non tiña que por un só euro.

Tamén facer referencia o informe desfavorable de Intervención e Secretaría do Concello a este contrato (se adxunta copia) e a súa urxencia.

Como nexo de todo este cúmulo de falsedades (datas de apertura, municipalizacións fantasmas) só está a mala xestión do Sr.Chillón, que de palique e vender fume é un profesional, pero de resolver e solucionar é un cero a esquerda.

Informe conxunto (Informe desfavorable de Intervención)

Jesús Graña e Fran Soliño, concelleiro do PP de Cangas.