O CONCELLO DE CANGAS INCUMPRE POR PRIMEIRA VEZ EN DOUS ANOS O PLAN DE AXUSTE

Unha mostra máis de que unha cousa é predicar cando veñen as eleccións de forma demagóxica, e outra ben diferente é ter a responsabilidade de buscarlle solucións aos problemas cos ingresos  que o Concello ten.

Decir que Cangas conta con un plan de axuste feito polo goberno anterior, certo, pero non é menos certo que tivemos que facelo por lei, xa que no ano 2011 o remanente de tesourería era de -17.5 m. de €  froito da “brillante xestión” dos mesmos que agora gobernan e que o remanente de tesorería no ano 2014 era de -900.000 €. Creo que as magnitudes económicas reflexan o que fixeron uns (gastar o que non tiñan) e o que fixemos outros (un orzamento adaptado aos ingresos e xestionar inversións con outras administracións).
Mais grave é pasar o período medio de pago a proveedores de -5,4 días (é dicir, se pagaba 5,4 días antes dos 30 días de tramitación das  facturas) no 2º trimestre, a non se sabe cantos días (convocan o Pleno co punto no orde do día e logo non se nos da acceso o citado punto, un exemplo máis da transparencia que anunciaban) pero que incumpre segundo o informe da interventora, o  Real Decreto que dí que non pode superar os 60 días.
Non serve que se argumente que houbo que facer unha modificación de crédito para pagar algunhas facturas sen recoñocer e que por eso se excederon os prazos (foron en total 200.000€ e con esas cifras non superarían os límites xa que estaba todo pago ata maio) ou que non había cartos. O expediente de modif. de crédito fíxose no Pleno do 31 de Xullo e cartos había 1,6 m. de € no arqueo feito a 12 de Xuño de 2015 e que permitiu facer esa modif. de crédito e o mes seguinte otra. É dicir, había prazo e cartos máis que suficientes.
Isto o sabemos despois da semana de gloria da retirada da revocación da delegación do cobro do IBI polo ORAL, outro exemplo máis se cadra da xestión económica do goberno actual de Cangas asesorado por eses persoeiros sinistros e que segundo o concelleiro de Facenda non cobran nada  pero dende o Partido Popular estamos seguros do moito que lles vai a costar ao pobo de Cangas. E só levan 4 meses.
foto Sotelo
J.E. Sotelo, pte e voceiro do PP de Cangas.