O PP DENUNCIA O ESTADO PASEO E DA PRAIA URBANA DE RODEIRA

Se ben é certo que o mal tempo destes días  fixo que as mareas grandes trouxeran restos de algas e algún que outro obxeto ata cerca do paseo, non pode ser que un pobo que presume das súas praias e no que o turismo ocupa xa un destacado papel da súa economía, no fin de semana máis  grande do ano o goberno local non teña previsto ningún dispositivo de limpeza para a súa praia urbana.

Parecenos lamentable o estado no que se atopa hoxe Rodeira: plásticos por tódolos sitios, papeleiras sen recoller e o que ao noso entender é mais grave, tablas do paseo rotas e sen sinalizar.

Sen dúbida unha mostra máis da altura do goberno de mentiras que hoxe ten Cangas. Un goberno que un día dí unha cousa e o seguinte o contrario. Un goberno que vive dos anuncios e titulares nos medios de comunicación e que logo en catro meses non se lle coñece unha iniciativa propia. Perdón sí unha, unha praia para cans, ¿será acaso Rodeira?

Dende o Partido Popular pedímoslle menos titulares e máis responsabilidade e traballo.