SOTELO RESPONDE A CHILLÓN

Coa a súa habitual verborrea, e despois das preguntas efectuadas por concelleiros do PP  e non contestadas despois de meses, unha vez máis o concelleiro de Deportes intenta culpabilizar, neste caso dos retrasos da posta en marcha das obras que figuraban no proxecto de mellora en equipamentos deportivos en distintas instalacións  deportivas, o anterior goberno.

Lembrarlle que a pesar da situación económica na que os compañeiros do sr. Chillón deixaron o Concello de Cangas, o anterior equipo de goberno foi quen de poñer en marcha distintas infraestructuras deportivas, cambio da cuberta e pavimento do pavillón do Gatañal, remate e posta en funcionamento da piscina municipal  ou esta actuación que permite dotar ao pavillón do Gatañal dun novo vestiario, impermeabilizar a zona das gradas e o novo videomarcador  e que o pavillón de Coiro teña por fin uns vestiarios.
O sr. Chillón meses despois, levan xa 5 meses, foi incapaz de iniciar algunha nova xestión a favor da mellora das infraestructuras do deporte cangués, é máis, demostrou a súa incapacidade  na xestión  coñocida e  disfrazada coa súa  habitual vulgar palabrería no asunto da piscina e agora coa incapacidade para rematar as obras que lle deixamos iniciadas. Debía ruborizarse cando fala de que agora se vai a colocar o videomarcador grazas as súas intensas xestións. Mentira, non fixeron nada por ese videomarcador que esixe a EHF, nin por suposto co vestiario novo que leva meses en obras, e a grada do campo do Morrazo segue como a deixamos.
Menos palabrería e máis resultados  Sr. Chillón .
Vostedes por pasotismo son os culpables de que o Gatañal  non teña o novo vestiario nin o videomarcador, pois o único que lles preocupa son os titulares e fotos, non que o BM. Cangas teña unhas infraestructuras acorde coa súa categoría. Vostede son os culpables por pasotismo de que o Campo do Morrazo teña a grada no estado en que está. Adique o seu tempo a traballar e non intente manipular a realidade. Antes había un goberno preocupado e ocupado polo deporte  , e agora hai un goberno preocupado por facerse a foto co deporte.
Pavillón Municipal do Gatañal