O PP PRESENTA UNHA MOCIÓN SOBRE EMPREGO

A miña primeira moción como concelleira é sobre o emprego, máis ben sobre a falta do mesmo.

Non teño coñecemento das labores que sobre este tema se están a levar a cabo, pero creo que é importante que busquemos medios e formas de incentivar na nosa vila este problema que tan de cabeza nos trae a todos.

A pesar de que dende o concello os postos que se poidan crear sexan escasos, sí se pode desenrolar unha labor de facilitar certas tramitacións, de guiar as veces algunha boa idea que necesite un último empurrón, ou mesmamente por en contacto as veces o posible emprendedor con algún posible inversor ou buscar un sistema como pode ser o de microcréditos de carácter particular que tan ben está a funcionar nalgunhas localidades.

En definitiva, trátase dun plantexamento inicial dende o que se pode partir para comenzar a traballar esta área que é fundamental e que parece a gran esquecida. Unha maneira de buscar solucións a esta lacra dende o punto de partida de favorecer as relacións entre os que necesitan o emprego e as posibles canles que os poden conducir a atopalo.

Non quero dicir que este sea un camiño fácil, pero sí que as veces a miña sensación é a de que nos falta a comunicación entre o que busca un traballo e o que ten posibilidade de crealo, falla tamén a comunicación entre as administración e estes grupos. Se poidésemos ser quen de conseguir un acercamento entre todos, creo que poderíamos baixar o desemprego. Non é unha tarea doada, pero é posible a base de esforzo e traballo.

Na moción que acompaño a estas verbas, fago un plantexamento dunhas ideas que poden ser plantexadas como liñas de saída e admiten todo tipo de suxerencias e ampliacións para a súa mellora.

Mocion sobre o emprego

3. Mª Dolores Hermelo Piñeiro. 44 anos. Licenciada en Xeografía e Historia- Titulada en Gestión Empresarial, Ofimática Empresarial e Eficiencia Enerxética. Actualmente traballa na administración e control de obras de instalacións eléctricas e iluminación. Veciña de Darbo.

Loli Hermelo, concelleira do Partido Popular.