A VOLTAS COA FESTA DE NADAL

Dende o Partido Popular de Cangas manifestamos a nosa sorpresa e decepción, cando lemos o anuncio sobre a festa do Nadal, que dende o Concello se pretende organizar para as persoas maiores.

A comida, prevista para o día 27 de decembro, no Pavillón do CEIP San Roque, ten un custo de 20 euros por persoa. Un prezo que, de seguro, vai deixar moitas persoas na súa casa.

Non se pode decir que sexa ésta unha celebración nin popular nin solidaria.

Cun pouco de esforzo e colaboración das institucións,  os anos anteriores realizouse, esta mesma comida, por 7 euros por persoa. Un prezo simbólico sí, pero que permitía a moitas persoas maiores compatir unha xornada festiva e de celebración do ano novo nun ambiente de amizade e compañía, sen supoñer un esforzo económico tan importante.

Qué fácil é falar de todo o que lles debemos aos maiores….. para despois non contar con eles.

Por deber sí que se lles debe. No pouco tempo que leva este grupo de goberno en Cangas, xa suspendeu a Festa dos maiores que tradicionalmente se viña celebrando na parroquia de Darbo no mes de agosto.

E trataron de calarnos a todos/as dicindo que ese gasto non estaba previsto nos presupostos, pero que ían organizar, para eles,  unha comida no Nadal.

A mín gustaríame saber en qué presuposto están tantos gastos que se realizaron, como ir de viaxe por toda España para traer aquí non sei qué modelos de compostaxe, por citar algo…

Está claro que isto é cuestión de prioridades, e xa vemos cales son as súas.

4. Dolores Gallego Santos. 54 anos. Mestra e Educadora Social. Actualmente traballa como mestra no CEIP A Rúa. Veciña de Coiro.

Dolores Gallego, concelleira do Partido Popular.