GARRIDO PARTICIPA NA ÚLTIMA XUNTA LOCAL

No inicio deste mes de decembro o Partido Popular de Cangas celebrou a súa reunión semanal que nesta ocasión contou coa presencia da candidata número 2 por Pontevedra ao Congreso dos Diputados Irene Garrido. No evento, no que participan simpatizantes e militantes, o grupo municipal dirixido por J. Enrique Sotelo explicou o traballo realizado ao longo do último mes e abordou os principais asuntos de interese municipal.

Despois da intervención do presidente local do partido, Garrido tomou a palabra para explicar aos presentes o traballo feito polo goberno de Rajoy en materia económica así como todas as reformas emprendidas polo goberno popular para sacar a España da profunda crise que deixaron os socialistas e apuntalar a recuperación para os próximos anos. Depois abriuse unha quenda de preguntas na que se abordaron temas como a corrupción, as perspectivas electorais así como a importancia destas eleccións xa que está en xogo a continuidade do crecemento e a creación e emprego que está vivindo España nos últimos dous anos.