O PP CRÍTICA O “BODRIO” PRESENTADO POLO TRIPARTITO

Os Orzamentos Municipais para o 2016 dispara o gasto corrente, non ten ningunha partida para a Mancomunidade e infla os ingresos. “O documento é propio do conglomerado de partidos bolivarianos que gobernan Cangas” afirma Sotelo.

O Partido Popular de Cangas xa ten unha valoración dos Orzamentos presentados polo tripartito e que se debatirán no último pleno do ano. Despois de dous meses mareando ao persoal o tripartito non tivo outra opción que presentar antes de rematar o ano e no tempo de desconto as contas municipais para o próximo exercicio. “Trátase dun documento que infla ingresos, apenas ten partidas de inversión e amosa unha falta absoluta de xestión para conseguir partidas externas doutras administracións” destaca o voceiro municipal do PP, José Enrique Sotelo.

“Estes orzamentos son unha crónica dunha desfeita anunciada” sinala Sotelo, “son unha auténtica chapuza que amosan de novo a estafa política que están levando a cabo o actual goberno de Cangas” engade. “Os presupostos é a principal ferramenta para aplicar as políticas de calquera goberno municipal e con estas contas o horizonte que se dislumbra é moi negro” continúa, “aínda que non nos sorprende xa que como sempre, predican o que non cumplen e o que fan, o fan mal”. Neste sentido os populares poñen de exemplo as recentes tensións do tripartito coa plantilla municipal con motivo da eliminación do actual executivo do Fondo Social “por carecer de partida”. “Nos catro anos que estivemos no goberno sempre acompañou aos pressupostos un acta co acordo de todos os traballadores” declara Sotelo, “é cuestión de vontade política” remata.

No capítulo de ingresos os populares están convencidos de que as contas presentadas pecan de optimismo, xa que prevee un incremento na recadación do IBI de 110.000 euros, de 6.000 euros no caso do ITM (rodaxe) e das plusvalías que pasarían a 60.000 euros, 20.000 euros máis que no exercicio anterior. “Se podería continuar con respecto as multas, instalación de terrazas e tasas” explican dende o grupo municipal.

No capítulo de gastos o tripartito traspasa a línea vermella “autoimposta por eles mesmos” nalgunhas partidas, reducindo outras partidas como é o caso da Mancomunidade que queda sen partida específica, “a pesar de que o Concello ten compromisos firmes como o pago de cuotas para pagar a débeda con Sogama” destacan. “Para o transporte metropolitano adícanse 75.000 euros para todo o ano, cando nos dispusimos de 80.000 euros para seis meses” engaden. En contraste sube o gasto corrente ata os 800.000 euros, o que supón un 26% máis que no 2015.

Escombros no aparcamento de Altamira

O PP tamén anunciou que pedirán ao goberno local información sobre o convenio, o proxecto e o orzamento do apartamento da Unidade de Actuación nº5, “que se están realizando sen partida presupuestaria, empleando escombro procedente de Vigo” recalcan dende o grupo municipal, polo que se temen que serán habituais as riadas de auga e lodo polas rúas próximas cando arrecien as chuvias.

 

ROLDAORZAMENTOS