PASTOR PIDE EN CANGAS O VOTO PARA RAJOY

IMG_7394

A candidata pola provincia de Pontevedra e actual ministra de Fomento participou no mitin central de campaña en Cangas reivindicando o traballo feito estes catro anos polo goberno do Partido Popular.

Dotar a área sanitaria de Vigo do mejor hospital de Galicia e de España, mellorando a asistencia sanitaria excepcional, á altura das mejores do mundo; reducir a lista do paro creando un millón de emprego nos últimos dous anos; poñer en marcha o tren de alta velocidade; mellorar as estradas, ampliando a ponte de Rande ou comunicar a ría con Europa a través da “autopista do mar” son só alguns dos logros que a candidata número 1 do PP ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor, repasou no mitin que tivo lugar no Auditorio Municipal de Cangas, onde pediu o voto a todos os veciños e veciñas, “para consolidar estes logros conseguidos polo goberno de Mariano Rajoy” dixo, “un galego que leva Cangas na súa cabeza e no corazón” engadiu.

Pastor agradeceu aos cangueses o tradicional respaldo ao PP e destaco as virtudes do noso partido á hora de xestionar os cartos públicos poñendo de exemplo ao goberno local encabezado ata o pasado mes de maio por José Enrique Sotelo, “que encontrou as arcas baleiras e tivo que repoñelas” explicou. “O mesmo fixo o presidente Rajoy coa economía e o emprego, revirtindo os datos que lle deixou en herencia o PSOE, consolidando o crecemento para o futuro, co obxectivo de chegar aos 20 millóns de empregos no 2020″.

A actual ministra de Fomento presumiu de que o Goberno de España leva investidos nesta lexislatura 6.700 millóns de euros en Galicia. “O que demostra que Mariano Rajoy é o mellor candidato para Galicia” remato.

O presidente do Partido Popular de Galicia e presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo anunciou a adxudicación do segundo tramo do desdobramento do Corredor do Morrazo. Ademais, pediu deixar de lado os experimentos e optar por un proxecto riguroso para os 47 millóns de españois e liderado por un partido galego. “Temos un proxecto de país, sabemos o que queremos e sabémolo facer”.